Espazo Ecosocialista chama a construír "amplas alianzas" tomando AGE "como punto de partida"

Xornadas de Formación de Espazo Ecosocialista Galego Dominio Público Espazo Ecosocialista

Espazo Ecosocialista Galego celebrou este sábado en Bertamiráns (Ames) as súas 1ª Xornadas de Formación. No marco da mesma celebrouse a Coordinadora Nacional, que fixo un balance do plano de traballo do 2013 e marcou as liñas para os próximos meses. O informe de xestión e as liñas de traballo foron aprobadas por unanimidades (36 votos a favor, 0 en contra e 0 abstencións).

A formación chamou a "seguir construíndo amplas alianzas democráticas e de esquerdas tomando como punto de partida a coalición AGE"

A formación chamou a "seguir construíndo amplas alianzas democráticas e de esquerdas tomando como punto de partida a coalición AGE que necesariamente ten que construírse sobre a participación da cidadanía e non exclusivamente sobre os membros das forzas que a compoñen". Para iso aprobáronse catro accións: Concretar espazos de participación cidadá en AGE afondar a proposta programática e propositiva de AGE atopar unha formula cara as Eleccións Europeas non incompatible con AGE e preparar as eleccións municipais "como peche de ciclo político de ruptura iniciado no 15M  e sobre a base da radicalidade democrática e a participación da cidadanía na confección de listas e programas".

A xornada da tarde contou con catro ponencias arredor de catro eixes temáticos: Radicalidade Democrática (a cargo de Manuel Martínez Barreiro), Políticas Sociais (a cargo de Pepa Vázquez do Colectivo Encontro), Sustentabilidade (a cargo de Xan Duro) e Violencia de xénero (a cargo de Gloria Vázquez do Colectivo Ve-la Luz ). Entre as conclusión destas xornadas aprobouse que Espazo Ecosocialista impulsara a recollida de sinaturas en apoio á iniciativa cidadán europea (ICE) por unha renda básica incondicional.

Espazo Ecosocialista celebrará a súa conferencia política (outubro) e a súa II Asemblea Nacional entre febreiro e marzo

Espazo Ecosocialista celebrará a súa conferencia política en outubro e a súa II Asemblea Nacional entre febreiro e marzo. Marcouse como obxectivos "favorecer as alianzas desde a pluralidade sen exclusións", "manter o traballo propositivo" e manter o proceso de crecemento afiliativo de xeito aberto e á cartapoñendo o énfase na extensión local.

 

Xornadas de Formación de Espazo Ecosocialista Galego Dominio Público Espazo Ecosocialista

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.