Izquierda Socialista Galicia-Esquerda Socialista, colectivo integrado no PSdeG-PSOE, sinala nun comunicado que "como defensores da elección directa de cargos orgánicos" o proceso de consulta non vinculante á militancia do PSdeG "está moi lonxe de colmar as aspiracións da maioría da militancia". E defenden que "tanto este proceso como calquera outro do mesmo carácter deberían estar abertos a calquera militante, sen condicionantes ou avais que limiten innecesariamente –e até ilexítimamente-‐ o seu dereito a presentarse como candidato ou candidata ás distintas responsabilidades orgánicas".
"Non resulta moi xustificable que se pretenda dar un carácter non vinculante á opinión democráticamente expresada pola militancia"
Engaden que o caso concreto do proceso precongresual do PSdeG, o feito de que esteamos ante unha consulta non vinculante "fai máis incomprensible todavía a esixencia de avais, independentemente do seu número". Do mesmo xeito, din, "tampouco resulta moi xustificable que se pretenda dar un carácter non vinculante á opinión democráticamente expresada pola militancia. Aínda tendo en consideración as propias limitacións previas do proceso, resulta chocante pretender que a voz da militancia teña a consideración de mera recomendación e non de mandato".
En calquera caso, coclúen que "aínda que consideramos o actual proceso totalmente insuficiente, invitamos o conxunto da militancia a participar nel, se ben continuaremos defendendo a elección directa de cargos orgánicos sen necesidade de recabar aval ningún".