Besteiro sitúa nos concellos o inicio da "recuperación" do PSdeG
O vencedor das primarias, confirmado como novo secretario xeral do PSdeG co 95% dos votos, ve nas vindeiras eleccións municipais o impulso necesario para "facer do PSdeG a única alternativa real de goberno" e coloca varios alcaldes nos postos claves da nova executiva.