Esquerda Unida comeza a recollida de sinaturas para esixir a dimisión de Rajoy

Cartaz da campaña Dominio Público Esquerda Unida

Esquerda Unida realizará este mércores accións nas rúas de Vigo, A Coruña, Ourense, Compostela, Lugo, Pontevedra, Ferrol e Vilagarcía para recoller sinaturas para esixir a dimisión de Mariano Rajoy e a convocatoria de eleccións. As accións enmárcanse na campaña #HaiAlternativa que xa leva meses desenvolvéndose a nivel estatal.

EU denuncia que nos atopamos "ante unha fraude democrática e un goberno ilexítimo que mentiu á cidadanía e se presentou ás eleccións cun programa electoral que non está a cumprir. Porque non aceptamos as políticas neoliberais do Goberno do PP que nos condenan á miseria e empobrecendo facendo que compitamos baixando salarios". E salienta que "queremos construír un país mellor, entre todas e todos, para todas e para todos, e por iso esiximos a dimisión deste Goberno e a convocatoria de eleccións".

 

Lugares de recollida de sinaturas

Compostela: a partir das 17h30 na Alameda.
Vigo: a partir 19h30 en Príncipe.
Vilagarcía: a partir das 12 na rúa Castelao.
Ourense: a partir das 18h30 na rúa do Paseo.
Pontevedra: a partir das 19 na praza da Peregrina.
Lugo: a partir das 17 na rúa da Raíña (fronte a Facenda).
Ferrol: a partir das 12 no mercadiño de Recimil.

Cartaz da campaña Dominio Público Esquerda Unida

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.