Esquerda Unida cualifica de "farsa" o debate entre PP e PSOE sobre hipotecas

Protesta contra os desafiuzamentos en Vigo CC-BY-NC-SA CIG

O Real Decreto Lei 27/2012 de medidas urxentes é "inxusto, déixanos na indefensión e só beneficia á gran banca", segundo Yolanda Diaz, coordinadora nacional de Esquerda Unida. A executiva nacional de EU denuncia que "o texto resultante é unha mostra máis da insensibilidade institucional do PP e unha manifestación clara de que non desexa perturbar o soño da gran banca". Ademais, cualifica de "farsa teatralizada" o debate mantido por PP e PSOE a este respecto, pois "semella que só se deron conta da existencia da inxusta Lei Hipotecaria despois dos dramáticos suicidios que provocou". EU engade que os dous partidos "están tan distanciados da cidadanía que deixaron que centos de miles de persoas perderan a súa vivenda de forma totalmente pasiva. E non abonda con que o PSOE pida perdón cando non goberna".

EU engade que PP e PSOE "están tan distanciados da cidadanía que deixaron que centos de miles de persoas perderan a súa vivenda de forma totalmente pasiva. E non abonda con que o PSOE pida perdón cando non goberna"

Entre outras cousas a formación esquerdista critica que "o marco temporal decretado para a efectividade da suspensión temporal parece a todas luces insuficiente xa que nada, nada, garante que dentro de dous anos a situación das persoas afectadas mellore de forma substancial". Denuncia igualmente que "o real decreto-lei non altera o procedemento de execución hipotecaria, polo que as persoas que estean  nunha situación de “suspensión temporal” verán como os intereses de mora medran durante os dous anos como unha enorme lousa". Ademais, "os supostos e os límites económicos (19.200 euros) son restritivos, xa que deixan fóra a moitas persoas que están, por moito que non o recoñeza este real decreto-lei, pasando por moitísimas dificultades".

Cayo Lara, afirmou que lle pedirá ao PP que na negociación sobre os desafiuzamentos se inclúan todos os grupos parlamentarios e tamén ás asociacións de afectados polos desafiuzamentos

Esquerda Unida demanda unha nova Lei Hipotecaria "máis xusta e menos lesiva para as persoas que deciden acollerse a unha hipoteca para adquirir unha vivenda en propiedade".

Pola súa banda o coordinador federal de IU, Cayo Lara, afirmou que lle pedirá ao PP que na negociación sobre os desafiuzamentos se inclúan todos os grupos parlamentarios e tamén ás asociacións de afectados polos desafiuzamentos, á vez que fará fincapé en que as súas "liñas vermellas" serán os cidadáns e non a banca

Protesta contra os desafiuzamentos en Vigo CC-BY-NC-SA CIG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.