EU acusa a Negreira de gobernar na Coruña "con espírito revanchista"

Imaxe do novo PXOM da Coruña © Concello da Coruña

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que o PP "por intereses partidistas" apresurou a aprobación do PXOM á semana grande das festas na cidade "para cercenar a labor da oposición e evitar o control da cidanía". EU afirma que a decisión se debe "a intereses espurios do goberno municipal" que pretende, din, favorecer a promotores e facer unha amnistía urbanísitica coas ilegalidades, desvirtuando o documento inicial de Joan Busquets.

"Séguese a incidir no caduco modelo do ladrillo e o formigón, máis aínda logo das modificacións do PP ao plan aprobado inicialmente"

A formación explica que aínda que o número de vivendas descende debido a actual coxuntura económica e o plan incorpora criterios de sustentabilidade ou de mellora da calidade de vida da cidadanía, "séguese a incidir no caduco modelo do ladrillo e o formigón, máis aínda logo das modificacións do PP ao plan aprobado inicialmente". O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que "o PP forzou a situación para que o PXOM pasase desapercibido aos coruñeses e coruñesas, que non teñen opción de alegar". 

EU critica que o PP se presentara ás eleccións cunha mensaxe de cambio, pero que no entanto "está a profundar nas eivas democráticas de anteriores gobernos"

Por este e outros motivos, Santiso denuncia que “o goberno municipal está a prexudicar os intereses dos coruñeses e coruñesas ao gobernar dende o rencor e a ira, bloqueando as iniciativas da oposición e obviando propostas apesares de ser beneficiosas para a veciñanza". EU critica que o PP se presentara ás eleccións cunha mensaxe de cambio, pero que no entanto "está a profundar nas eivas democráticas de anteriores gobernos e é normal escoitar en boca dos seus concelleiros o pueril argumento do e ti máis".

Imaxe do novo PXOM da Coruña © Concello da Coruña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.