EU ratifica a Yolanda Díaz como líder e insiste en fortalecer AGE

Nova Executiva Nacional de EU © EU

Yolanda Díaz foi ratificada este sábado polo Consello Político Nacional de Esquerda Unida como coordinadora nacional da formación, que elixiu unha nova executiva nacional e que insistiu no seu obxectivo de fortalecer AGE e "contribuír" a que a coalición sexa "a alternativa a Feijóo".

EU márcase como obxectivo "contribuír" a que AGE sexa "a alternativa a Feijóo"

Nove persoas forman parte da nova executiva nacional, á que se suman os responsables das secretarías de área. Segundo Yolanda Díaz, este órgano terá como propósito facer de EU "un dos alicerces fundamentais para a construción dun bloque alternativo que sexa capaz de facer confluír as forzas da esquerda transformadora nun proxecto que pare as políticas destrutivas da dereita". Arredor disto, a formación organizará unha Conferencia Galega de Debate sobre o modelo europeo para o vindeiro 15 de xuño en Compostela.

Entre as resolucións aprobadas, EU tamén aprobou por unanimidade unha en contra do informe da comisión de expertos sobre as pensións que defende o sistema público fronte aos "ataques neoliberais" da dereita. Tamén destacou o apoio da formación á folga xeral comarcal en Ferrolterra o vindeiro día 12, así como ás mobilizacións contra a reforma da lei do aborto.

Nova Executiva Nacional de EU © EU

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.