Feijóo perdería a maioría absoluta mesmo recortando o Parlamento

Parlamento de Galicia Dominio Público Praza Pública

Europeas e Autonómicas son comicios ben distintos, en moitos sentidos, comezando polo tipo de circunscrición que se aplica en cada unha delas, polo que facer unha extrapolación dos resultados deste domingo para unhas hipotéticas eleccións ao Parlamento Galego resulta simplemente un xogo, ou unha simple foto-fixa do momento político. Porén, se o facemos, observamos que o principal titular sería a perda da maioría absoluta por parte do Partido Popular. Dos actuais 41 deputados, caería a 35, seis escanos menos. Pola súa banda, cos seus resultados de hoxe, aínda que moi inferiores aos obtidos hai cinco anos nos anteriores comicios europeos, o PSdeG-PSOE gañaría dous deputados na cámara galega. AGE e perderían representación, un escano cada un, ficando en 8 e 6, respectivamente. Podemos, a gran sorpresa das eleccións deste domingo, podería mesmo formar grupo parlamentario, con 6 deputados.

Porén, o PP lanzou hai meses unha proposta de reforma electoral que reduciría o número de escanos na cámara galega (de 75 a 61). Resulta interesante, polo tanto, realizar a mesma operación tendo en conta a distribución de escanos prevista neste escenario. En calquera caso, o PP tamén perdería a maioría absoluta, obtendo 29 dos 61 escanos, dous menos dos necesarios. O PSdeG-PSOE obtería 16, AGE 7, BNG 5 e Podemos 4, que se vería prexudicada pola perda dos últimos restos.

Galicia 2012 75 escanos 61 escanos
PP 41 35 29
PSdeG 18 20 16
AGE 9 8 7
Podemos - 6 4
BNG 7 6 5

 

A Coruña 2012 75 escanos 61 escanos
PP 13 10 8
PSdeG 5 6 5
AGE 4 3 3
Podemos - 3 2
BNG 2 2 2

 

Lugo 2012 75 escanos 61 escanos
PP 9 8 7
PSdeG 4 4 3
AGE 1 1 1
Podemos - 1 0
BNG 1 1 1

 

Ourense 2012 75 escanos 61 escanos
PP 8 8 7
PSdeG 4 4 3
AGE 1 1 1
Podemos - 0 0
BNG 1 1 0

 

Pontevedra 2012 75 escanos 61 escanos
PP 11 9 7
PSdeG 5 6 5
AGE 3 3 2
Podemos - 2 2
BNG 3 2 2

 

Escanos para AGE e Podemos nunhas xerais

Mentres, facendo unha traslación destes resultados a unhas hipotéticas eleccións xerais, atopamos que o PP perdería dous escanos (na Coruña e Pontevedra), pasando de 15 a 13, o mesmo que o BNG, que tamén perdería os dous deputados que obtivo nestas provincias en 2011. O PSdeG-PSOE mantería os seus actuais seis escanos, mentres que os grandes beneficiados serían AGE e Podemos, que obterían dous deputados cada un, pola Coruña e por Pontevedra en ambos os dous casos. O BNG quedaría, iso si, moi cerca de manter a súa representación (tan só 475 votos o separarían de obter a derradeira acta, que levaría por pouco o PP). En Pontevedra o Bloque perdería o escano tamén por unha marxe curta, en pugna con Podemos.

  Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
PP 13 (15) 4 (5) 3 (3) 3 (3) 3 (4)
PSdeG-PSOE 6 (6) 2 (2) 1 (1) 1 (1) 2 (2)
AGE 2 (-) 1 (-) 0 (-) 0 (-) 1 (-)
Podemos 2 (-) 1 (-) 0 (-) 0 (-) 1 (-)
BNG 0 (2) 0 (1) 0 (0) 0 (0) 0 (1)

Proxección de resultados nunhas eleccións xerais. Entre paréntese, deputados obtidos en 2011

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.