Francisco Rodríguez non dimitirá a pesar de que o BNG lle retira o seu apoio

Francisco Rodríguez © Concello de Ourense

Francisco Rodríguez reafirma a súa inocencia e di que non dimitirá. Nunha rolda de prensa convocada ás nove da noite do domingo, o alcalde de Ourense negou os cargos de tráfico de influencias e suborno e rexeitou os supostos tratos de favor a Vendex. Tan só recoñeceu ter contratado unha persoa desa empresa "que se atopaba en situación crítica" e tamén afirmou ter axudade de forma irregular a algún funcionario tras levarllr o coche o guindastre. Ademais, dixo estar disposto a facer públicos toda a información relacionada coas súas propiedades e as súas contas bancarias.

Porén, pouco antes da rolda de prensa ofrecida polo alcalde ourensán, o Consello Local do BNG pediu a dimisión do alcalde, partindo do criterio de diferenciar as responsabilidades penais e as políticas e que "no ámbito das responsabilidades penais calquera cidadán e tamén o alcalde de Ourense debe contar sempre coa presunción de inocencia". Pero unha vez que Francisco Rodríguez foi imputado, o Bloque esíxelle que abandone o cargo "para evitar o prexuízo á institución". O BNG agarda "que esta renuncia se materialice coa maior brevidade posíbel" e anuncia que de non producirse "o BNG obraría en consecuencia, xa que para nós é unha cuestión de principios a incompatibilidade da nosa presenza nun goberno dirixido por unha persoa cunha imputación grave".

O alcalde dixo non ter "coñecemento oficial" da petición do BNG pero recoñeceu que "se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente"

Sobre esta petición o alcalde dixo non ter "coñecemento oficial" pero recoñeceu que "se se perde a maioría haberá que tomar a decisión correspondente".

Oficialmente o PSdeG-PSOE declarou a través de Abel Losada que "o partido analizará a situación e o que lle quero trasladar á cidadanía é que, coma sempre, o Partido Socialista estará a la altura de las circunstancias". Porén, o desexo do entorno de Pachi Vázquez sería que o alcalde imputado presente a súa dimisión, para que o caso aberto non poida ser utilizado polo Partido Popular na campaña. O Faro de Vigo publica que o PSdeG-PSOE poderia pedirlle que dimitise se Francisco Rodriguez non o fai. E o xornal transcribe as declaracións dun cargo socialista: "Paco é un bo home pero moi mal aconsellado e seguro que aínda que saia imputado con seis cargos, como ocorreu co rexedor de Boqueixón, determinadas persoas da súa contorna que dependen directamente del vanlle pedir que se aferre á alcaldía".

Francisco Rodríguez © Concello de Ourense

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.