Galicia xa vota

2,7 millóns de persoas están chamadas ás urnas Dominio Público Praza Pública

Un total de 2.463 colexios electorais veñen de abrir as súas portas e pecharán ás oito da tarde. Neles, 2,2 millóns de galegos e galegas están chamadas a exercer o seu voto en ao redor de catro mil mesas distribuídas pola comunidade. A eles e elas hai que sumar outros 446.269 electores e electoras inscritas no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA). Algo máis de 78 mil mozos e mozas poden votar por vez primeira.

Ás 10.15 horas responsables da Xunta ofrecerán unha primeira rolda de prensa para infomar sobre a apertura da xornada electoral e a existencia ou ausencia de incidencias. E ás 12.30 e ás 17.30 proporcionaranse datos de participación correspondentes ás 12 e as 17 horas. Ao redor das 21.30 horas comezarán a coñecerse os primeiros datos procedentes do escrutinio dos sufraxios.

Os candidatos e candidatas das principais forzas políticas exercerán o seu voto ao longo desta mañá: Alberto Núñez Feijoo: 12 horas. Colexio Niño Jesús de Prada. Vigo; Xoaquín Fernández Leiceaga: 11 horas. Reitorado da USC. Santiago de Compostela; Luís Villares: 11 horas. Casa das Linguas. Lugo: Ana Pontón: 10:30 horas. Sede do CGAC, Santiago de Compostela; Cristina Losada: 11 horas. Vigo; Xoán Bascuas: 12.30. Antigas escolas de Marcelle. A Baña.

Sobres e papeleta das eleccións ao Parlamento deste 25S CC-BY-SA Praza Pública
2,7 millóns de persoas están chamadas ás urnas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.