Haberá lista alternativa a Pachi Vázquez no congreso do PSdeG-PSOE?

Pachi Vázquez na xornada de debate con Xuventudes Socialistas, este domingo en Culleredo © PSOE

Pachi Vázquez, O secretario xeral do PSdeG-PSOE, asegurou que "non hai que dramatizar" a posibilidade de que poida haber candidaturas alternativas á que el lidera de face ao XII Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, que se celebrará entre o 9 e o 11 de marzo, e afirmou que "se hai listas é unha cousa positiva", aínda que deixou caer que "se non hai listas, pois algún motivo haberá".

Neste senso, a deputada Beatriz Sestayo afirmou este domingo que é posible que "este luns ou martes" se saiba se hai lista alternativa, "posto que se están ultimando os últimos detalles".

En declaracións á SER, o deputado socialista Xaquín Fernández Leiceaga, sinalou que "os que teñen máis responsabilidades no partido teñen que decidir se dan o paso para poder articular unha alternativa ou non", engadindo que "eu claramente estou a favor dunha alternativa, e ese é o meu compromiso, axudar na medida do posible para, digamos, construír un proxecto que ilusione aos cidadáns, que dea resposta ás necesidades de Galicia e que poida ser un proxecto fronte a Feijóo". Porén, sinalou que detecta "insatisfacción sobre a forma na que está a responder o partido ás demandas dos cidadáns en Galicia".

Pachi Vázquez na xornada de debate con Xuventudes Socialistas, este domingo en Culleredo © PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.