Néstor Rego, Carme da Silva, Ollala Rodil e Noa Presas encabezan as listas para o Congreso
O Consello Nacional do BNG aprobou este sábado as súas listas para as eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro nas catro circunscricións galegas. No caso do Congreso, as listas están lideradas por Néstor Rego na Coruña, Carme da Silva en Pontevedra, Ollala Rodil en Lugo e Noa Presas en Ourense.
En postos destacados aparecen tamén Rosana Pérez, número 2 da lista coruñesa, ou Roberto Pascual, número 2 da lista pontevedresa. E nas listas destaca a incorporación de caras novas, coma María Obelleiro (número 3 en Pontevedra) ou Alberto Lema, que figura como independente no quinto posto pola Coruña.
Na presentación das candidaturas a lider do BNG, Ana Pontón, subliñou que “queremos máis forza en Madrid para defender Galiza e unha vida digna para a xente deste País”. Pontón destacou o traballo de Rego como deputado no Congreso como “a voz de cada problema, de dada demanda de Galiza en Madrid”.
Na presentación das candidaturas a lider do BNG, Ana Pontón, subliñou que “queremos máis forza en Madrid para defender Galiza e unha vida digna para a xente deste País”
A portavoz nacional da formación subliñou que "o Bloque xa demostrou que só cun deputado e unha senadora foi quen de conseguir máis que os outros deputados e deputadas do bipartidismo xuntos”, e referiu "rebaixas históricas na AP-9 e na AP-53, melloras ferroviarias, novos xulgados de xénero, melloras nas pensións ou unha quita de 4.000 millóns na débeda pública".
“Con Néstor, Carme, Olalla e Noa, imos con todo e a por todas, porque o BNG non ten límites e nestas eleccións imos volver a demostralo, un BNG imparable que vai ser a sorpresa no próximo 29 de novembro”, augurou Pontón.
A líder do BNG dixo que Galiza “non pode seguir sendo espectadora das decisións que se toman en Madrid” e que acaban afectando directamente na vida dos galegos e das galegas. “Por iso Galiza necesita ter unha voz propia", engadiu. Pontón salientou que “defender Galiza é defender os dereitos sociais, necesitamos máis forza propia para conseguir máis dereitos, máis xustiza social e máis futuro”.
Listas do BNG para as eleccións do 29 de novembro
A CORUÑA
CONGRESO
1 Néstor Rego Candamil (Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
2 Rosana Pérez Fernández (A Barbanza)
3 Manuel Polo Gundín (Ferrolterra)
4 Mercedes Queixas Zas (A Coruña)
5 Alberto Lema Suárez (Independente / A Coruña)
6 Tatiana Rellán Castro (Bergantiños)
7 Xesús Miguel de Toro Santos (Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
8 Ana Pasantes Bouzas (Costa da Morte)
Suplentes
1 Lucas Quintas Gómez (Galiza Nova/A Montaña)
2 Agustina Cortés Romero (Ría de Muros e Noia)
3 Xan Freire Otero (Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
4 Sara Romero Castro (A Coruña)
5 Carlos Días Diegues (As Mariñas)
6 Cristina Vázquez del Prisco (Bergantiños)
7 Rafael Pazos Rodríguez (A Barbanza)
8 Iria Rei Romero (Galiza Nova/Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
9 Xosé Manuel San Miguel Pérez (A Barbanza)
10 Rosalía Seixas Tuñas (Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
SENADO
1 Bieito Lobeira Domínguez (Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
1ª Spl. Pilar Louzao Eanes (Ferrolterra)
2ª Spl. Alberte García García (A Barbanza)
2 Iria Nande Fernández (Galiza Nova/Compostela-A Barcala - Terra de Ordes)
1ª Spl. Manuel Agra Sánchez (A Coruña)
2ª Spl. Cristina Caamaño Rodríguez (Costa da Morte)
3 Mario Figueira Márquez (Galiza Nova/A Coruña)
1ª Spl. rest. Beatriz Pérez Mosqueira (A Coruña)
2ª Spl. David Casais Barxiela (Galiza Nova/Barbanza)
LUGO
CONGRESO
1 Olalla Rodil Fernández (Lugo)
2 Iago Suárez Fernández (Lugo Sul)
3 Inmaculada Castro Besteiro (Lugo)
4 Severino Salgueiro Rodríguez (A Mariña)
Suplentes
1 Montserrat Porteiro Sánchez (A Mariña)
2 Manuel Luaces Fernández (Lugo Sul)
3 Beatriz Álvarez Sixto (A Mariña)
4 Bernardo Valdês Paços (Lugo)
5 Rosana Prieto Florines (Lugo Sul)
6 Francisco Xavier Fanego Bermúdez (A Mariña)
7 Elvira Lombao Vila (Lugo)
8 Pedro Rodríguez Romero (A Mariña)
9 Raquel Ferreira Álvarez (A Mariña)
10 David Díaz López (Galiza Nova/Lugo)
SENADO
1 Brenda González Fernández (Galiza Nova/Lugo)
1ª Spl. Manuel Diéguez Vázquez (Lugo Sul)
2ª Spl. Vanessa Gómez Lourido (A Mariña)
2 David Villares Sánchez (A Mariña)
1ª Spl. Mónica Roca Ares (Lugo)
2ª Spl. Xorxe Macía González (A Mariña)
3 Candela López Piñeiro (Lugo Sul)
1ª Spl. Martín Gómez Souto (Lugo)
2ª Spl. Pilar Vázquez Sánchez (A Mariña)
OURENSE
CONGRESO
1 Noa Presas Bergantiños (Ourense- O Carballiño)
2 Artai Gabiás Vilar (Galiza Nova/Ourense- O Carballiño)
3 María González Albert (Valdeorras)
4 Lucas Pardo Pardo (Galiza Nova/Monterrei e Viana)
Suplentes
1 Mirian Opazo Oxea (Arnoia - A Limia)
2 Hadrián Alonso Álvarez (Galiza Nova/Ourense- O Carballiño)
3 Laura Pérez Bernárdez (Galiza Nova/Celanova - Baixa Limia)
4 Xoán Luís Domínguez Rodríguez (Arnoia-A Limia)
5 Helena Añel Cabanelas (Ourense-O Carballiño)
6 Manuel Caíña Estévez (Ourense-O Carballiño)
7 Madalena Souto Diéguez (O Ribeiro)
8 Marcos Branco Durán (Ourense- O Carballiño)
9 Samanta Barreira Vivian (Monterrei e Viana)
10 Camilo Xosé Lemos Requeixo (Arnoia - A Limia)
SENADO
1 Bernardo Varela López (Arnoia-A Limia)
1ª Spl. Erea Branco Galego (Ourense- O Carballiño)
2ª Spl. Noa Fernández Gómez (Valdeorras)
2 Melanie Arias Puccio (Monterrei e Viana)
1ª Spl. Bieito Conde Salgado (O Ribeiro)
2ª Spl. Noelia Currás Rodríguez (Celanova - Baixa Limia)
3 Francisco Nogueiras Marra (Asemblea da Emigración)
1ª Spl. Carme Fernández Fernández (O Ribeiro)
2ª Spl. Rubén García Fernández (Ourense-O Carballiño)
PONTEVEDRA
CONGRESO
1 Carme da Silva Méndez (Pontevedra - Caldas)
2 Roberto Pascual Rodríguez (Vigo)
3 María Obelleiro Hermida (Pontevedra - Caldas)
4 Álvaro Lamas Baños (Baixo Miño)
5 Cristina Conde Escaloni (O Salnés)
6 Anxo Igrexas Cobelo (Vigo)
7 Rocío Barreiro Rodríguez (O Condado - A Paradanta)
Suplentes
1 Nuno Galán Alves (Galiza Nova/Vigo)
2 Ana Novo Cuñarro (Galiza Nova/Tabeirós - Terra de Montes/Deza)
3 Hugo Domínguez Groba (O Condado-A Paradanta)
4 Nuria Rodríguez Vázquez (Baixo Miño)
5 Anselmo Noia Martínez (O Salnés)
6 María Fernanda Lores Doural (Asemblea da Emigración)
7 José Rodríguez Gómez (Vigo)
8 Davinia Loxo Amoedo (O Morrazo)
9 Xabier Monteagudo García (Pontevedra - Caldas)
10 Jéssica García Cruz (Vigo)
SENADO
1 Kevin González Santiago (O Morrazo)
1ª Spl. Sabela Méndez Casteleiro (Galiza Nova/Baixo Miño)
2ª Spl. Alexandre Basteiro Comesaña (Galiza Nova/Vigo)
2 Marta Gómez Martín (Galiza Nova/Pontevedra - Caldas)
1ª Spl. Pablo Guimeráns (O Morrazo)
2ª Spl. Iria Costas Pérez (Galiza Nova/Vigo)
3 Duarte Correa Piñeiro (O Salnés)
1ª Spl. Trinidad Pérez-Labaca (O Condado - A Paradanta)
2ª Spl. Ismael Pato Pérez (Vigo)