Jorquera reclama que Inditex tribute en Galicia

Jorquera en Vigo © BNG

Francisco Jorquera, pediu hoxe en Vigo "autonomía fiscal" para Galicia, concretado nun concerto económico semellante ao que teñen Pais Vasco e Navarra e ao que reclama Catalunya. O candidato do BNG afirmou que "hai que romper cun modelo de financiamento autonómico en que o Estado recada e reparte, algo que nos condena á dependencia". Jorquera asegurou que o Goberno central recada cada ano en Galicia, "3.000 millóns de euros máis" do que posteriormente "transfire".

"Galicia necesita un modelo de concerto e plena autonomía fiscal para definir as súas políticas impositivas e xestionar e recadar impostos para mellorar o ensino, a sanidade e crear emprego", salientou.

Jorquera asegurou que o Goberno central recada cada ano en Galicia, "3.000 millóns de euros máis" do que posteriormente "transfire"

O número un do Bloque pola Coruña reclamou tamén que grandes empresas afincadas en Galicia como Inditex tributen na nosa comunidade. Segundo Jorquera, no modelo de concerto proposto atoparíase o imposto de sociedades, de modo que as empresas "potentísimas" que "con sede social en Galicia", paguen este imposto en Galicia.

Tamén aludiu a PSA Peugeot-Citroën, que ten unha fábrica en Vigo, e que "non paga nada polo imposto de sociedades en Galicia". Finalmente citou a Unión Fenosa, que "se lucra explotando os nosos recursos naturais", mentres ten a súa "sede fiscal en Madrid".

Jorquera en Vigo © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.