Jorquera replícalle a Beiras que "en Galicia xa hai unha fronte ampla de esquerdas: o BNG"

Jorquera, candidato do BNG á Xunta CC-BY-NC-SA BNG

O BNG respondeu finalmente á proposta de alianza electoral ampla lanzada o xoves por Xosé Manuel Beiras, e fíxoo -a preguntas dos xornalistas- para rexeitala, salientando que "en Galicia xa hai unha fronte ampla de esquerdas: o BNG". Ademais, o candidato do Bloque á Presidencia da Xunta criticou que "non pode ser que as persoas que racharon a unidade agora pretendan erixirse en paladíns dela".

Engadiu así mesmo que ten a impresión "de que algunhas persoas que no seu momento optaron por abandonar o BNG agora comezan a ser conscientes de que ese paso, neste momento, ao único que beneficia é ao PP".

"Algunhas persoas que optaron por abandonar o BNG agora comezan a ser conscientes de que ao único que beneficia é ao PP"

Jorquera salientou que o BNG é "un partido serio", centrado "no que hai que estar, en servir aos intereses de Galicia e articular alternativas aos problemas" e concluíu que "non estamos nun tempo para falar de experimentos".

Jorquera, candidato do BNG á Xunta CC-BY-NC-SA BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.