Leiceaga acusa a Feijóo e Rajoy da "situación de emerxencia social" de España e Galicia

Leiceaga, na súa visita a Ourense © PSdeG
Publicidade
Publicidade

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, responsabilizou este venres a Feijóo e Rajoy da situación de “emerxencia social” na que se atopan Galicia e España. Asegurouno en Ourense durante un encontro con asociacións de carácter social na sede da Asociación Aixiña, na que tamén participou a candidata socialista ao Congreso Rocío de Frutos.

Leiceaga responsabilizou ás políticas económicas e de redución de gasto do PP da difícil situación de quen está "sen emprego nin dereito a prestacións"

Leiceaga responsabilizou ás políticas económicas e de redución de gasto social impostas polo PP da difícil situación na que se atopan as persoas que hoxe están “sen emprego nin dereito a prestacións”. Así, advertiu dun importante incremento das desigualdades e dun mercado de traballo que “non remunera o esforzo e a dedicación dos traballadores e traballadoras”.

A esta situación únese, segundo dixo, únese unha reforma fiscal que “incrementa as desigualdades e non xera recursos suficientes para manter unhas prestacións básicas do Estado do Benestar, o que afecta a toda a política social”. Leiceaga defendeu a proposta socialista de garantir un ingreso mínimo vital para as persoas sen recursos dirixido tamén a resolver o problema da pobreza infantil, ademais de estender as prestacións de desemprego aos parados e paradas que as perderon neste tempo de crise.

O candidato socialista dixo que a experiencia de Aixiña resulta “un exemplo” para a provincia de Ourense e para toda Galicia por canto colabora coas empresas da cidade para garantir un futuro laboral para as persoas con discapacidade. E apostou por “intentar dende a política que as persoas con dificultades teñan dereito a unha vida plena” e sinalou as políticas socialistas dirixidas a “atender a todas as situacións de dificultade e necesidade social”.

Por outra banda, a candidata socialista ao Congreso, Rocío de Frutos, sinalou o programa de educación inclusiva dos socialistas que supón “unha aposta pola integración social e laboral das persoas con discapacidade”. Salientou as propostas presentadas polos socialistas nesta materia durante os escasos cinco meses de lexislatura logo de 4 anos de goberno do PP nos que Rajoy “non fixo nada”.

Leiceaga, na súa visita a Ourense © PSdeG
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.