Xerais16

  • O Congreso insiste: Rajoy non ten a súa confianza

    Por segunda vez en dous días os deputados rexeitan a investidura do candidato popular por 180 votos en contra e 170 a favor. O resultado achega algo máis as terceiras xerais, que o PP acepta agora que non sexan en Nadal, como viña forzando. Pedro Sánchez abre a posibilidade dun goberno alternativo: “As forzas do cambio temos a responsabilidade de ofrecer unha solución ao país”.

  • Pacto PP-C's: Unha España homoxénea e urbana

    O acordo de investidura dedica un só dos seus 150 puntos, e de xeito xenérico, ao rural e a pesca, mentres que insiste na uniformización das políticas autonómicas. De Galicia só fala para “axilizar” o AVE e apostar por que o Instituto Cervantes preste tamén atención ás linguas cooficiais, e obvia a promesa de Ciudadanos de investigar mellor Angrois.