O PSOE pide tempo antes de decidir a sanción dos deputados díscolos, entre eles a ourensá Rocío de Frutos
A xestora gábase de que 9 dos 15 que romperon a disciplina de voto son do PSC ou independentes, non do PSOE. Dos seis galegos, De Frutos votou contra Rajoy malia si ser militante socialista mentres que a viguesa Dolores Galovart é independente pero abstívose.