Xerais16
Feijóo e Baltar danlle ao PP 2 dos 14 deputados que recupera en toda España
A campaña do presidente galego, salientando a súa labor de goberno máis que a de Rajoy, coa vista posta nas autonómicas, e apelando á volta ao PP dos votantes que marcharan a Ciudadanos lévao a acadar agora o seu obxectivo de decembro: maioría absoluta de escanos.
Os populares incrementan o seu dominio no Senado, onde En Marea perde un escano
O PP obtén 12 dos 16 senadores galegos, mentres que o PSdeG-PSOE recupera o escano pola Coruña. Os populares levan 130 dos 208 postos na Cámara alta.
En Marea abócase ao exame de conciencia
A coalición de Podemos, Anova e EU perde un escano e case 70.000 votos e vese superada polo PSdeG, pero proponse "repensar o espazo" para "sumar" e disputar a Xunta
O PP gaña en 300 dos 314 concellos
O PSdeG-PSOE domina en 12 localidades e En Marea en só dúas (Cangas e O Grove). O 20D os populares obtivera 282 vitorias, por 17 dos socialistas, 14 de En Marea e 1 de Nós. Mapa no interior
O BNG asume os "malos resultados" e di "empezar hoxe" a campaña das autonómicas
O Bloque perde uns 25.000 votos e queda por baixo do 3% de apoio. "Eramos David contra Goliat", di Ana Pontón que lamenta o "escenario claramente condicionado polo bipartidismo a catro".
O PP gaña nas cidades, seguido por unha En Marea debilitada
Os populares gañan nas sete urbes, subindo en todas elas. En Marea baixa entre tres e catro puntos e o PSdeG-PSOE, que medra lixeiramente en porcentaxe de voto, consegue ser segundo en Lugo e Ourense.
O PPdeG recupera o voto fugado a C's e En Marea perde folgos
Os populares galegos frean o devalo na segunda oportunidade grazas á Coruña e Ourense, o PSdeG logra recuperar o segundo posto en votos e escanos e Ciudadanos desaparece da representación parlamentaria galega.
O PSdeG aguanta e volve ser segunda forza en Galicia
Os socialistas manteñen os 6 deputados, soben un punto e superan a En Marea en votos e escanos en Galicia.
Ao vivo: Así avanza o reconto electoral
EN DIRECTO O Ministerio do Interior agarda poder ofrecer datos definitivos contra as dez e media da noite. Segue neste espazo o avance do escrutinio en Galicia e no resto do Estado.
As sondaxes manteñen o PP galego e consolidan En Marea como segunda forza
O inquérito a pé de urna das televisións públicas auguran que Unidos Podemos superará o PSOE e debuxan un panorama no que ambas forzas roldarían a maioría absoluta no Congreso.
A participación cae sete puntos en Galicia a media tarde
A participación aumentara a mediodía un chisco en todas as circunscricións galegas agás en Lugo.