Feijóo pide con Baltar un "correctivo duro" á esquerda que quere "colapsar o país"
Os máximos dirixentes do PPdeG inician a campaña das xerais na provincia de Ourense tras suxerir que só actuarán contra José Manuel Baltar se é condenado.
Os máximos dirixentes do PPdeG inician a campaña das xerais na provincia de Ourense tras suxerir que só actuarán contra José Manuel Baltar se é condenado.
Gómez-Reino e Díaz comezan a campaña ao pé dos tanques de Reganosa e na compaña de membros do Comité Cidadán de Emerxencia. "Como pode dicir Feijóo que aquí se cumpre a legalidade?", preguntan.
Callón e Pontón realizan un percorrido simbólico en tren entre Ferrol e Xuvía para exemplificar que o Bloque é a única forza que garante "solucións concretas" para Galicia se está representado no Congreso.
O presidente, rodeado de vacas, carga contra os “apóstolos do campus da Complutense” que “non viviron nunca no rural”, en referencia a Podemos, e obvia por completo a PSOE e BNG.
Falamos con Iván e Belén, dous galegos que nas eleccións do 20 de decembro votaron dende Ecuador, onde residían. O envío certificado custoulles 45 dólares (40 euros) que o Estado, por lei, debe reembolsarlles. Porén, só recibiron un xiro postal de 3 dólares.
Comezan as campañas. O que no conxunto do Estado se agarda como a fin do desbloqueo para a a formación de Goberno en Galicia é tamén o primeiro acto das transcendentais eleccións do outono
A ministra de Fomento e candidata Ana Pastor inaugurou trens e Feijóo presentou a base de drons de Rozas, pero ao Concello da Coruña impedíuselle un acto con veciñanza. A Xunta Electoral só actúa se hai denuncia.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas augura que Unidos Podemos e as confluencias superarían o PSOE en votos e escanos e prognostica que En Marea lograría o seu sétimo escano en detrimento do PSdeG, que ficaría con 5.