As aglomeracións e atrancos fan ampliar o prazo para votar por correo
A Xunta Electoral amplía ata este xoves 23 o prazo para depositar o sufraxio nas oficinas postais de todo o Estado. En Galicia, onde as solicitudes aumentaron un 32%, a CGT denunciaron a "imprevisión" e "falta de medios" da empresa e mesmo a "vulneración dos dereitos dos votantes".