A participación cae sete puntos en Galicia a media tarde

Sobres e papeletas dunhas eleccións en Galicia CC-BY-SA Praza Pública

A participación baixou en Galicia e no Estado. Fose polo fastío da repetición electoral, pola proximidade das vacacións ou os plans de lecer de finais de xuño, pero o caso é que menos xente foi votar seis meses e pouco despois do 20-D. En Galicia votaron, finalmente, o xx% do censo electoral fronte ao xx% dos últimos comicios. 

A baixada de participación que non se percibía a mediodía chegou de vez á tarde. O fastío pola repetición electoral, a proximidade das vacacións ou os plans de lecer de finais de xuño non provocaran ata a unha da tarde que acudise ás urnas un menor volume de electorado galego que nas eleccións de decembro. Ben ao contrario, o primeiro avance amosara un incremento de seis décimas na participación a respecto do 20D e de algo máis dun punto a respecto das xerais de 2011. No entanto, o avance das seis tarde amosa unha caída de en torno aos sete puntos.

Por circunscricións, a caída é homoxénea. No caso galego tres das catro provincias roldan os sete puntos, cun retroceso en Pontevedra próximo aos oito. En Lugo a caída é un chisco menor, de 6,18 puntos. Cómpre agardar, non obstante, o peso deste retroceso no dato final da participación, toda vez que as solicitudes de voto por correo se incrementaron moi notablemente. En Galicia o incremento foi superior ao 30% a respecto das eleccións de decembro.

Despece

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.