Leiceaga apela "aos demócratas" para que apoien o PSOE

Leiceaga, nun acto deste mércores Dominio Público @PSdeG

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apelou este mércores “aos demócratas” para “apoiar o partido máis confiable e ao proxecto de cambio baseado nos valores democráticos, que é o PSOE”. Durante unha visita á Estrada e Pontevedra, o aspirante socialista instou "os que cren nos valores da democracia” a que apoien o proxecto “máis capaz de integrar as demandas da sociedade” fronte a un PP “asediado por casos de corrupción e gangrenado por dentro, que ten un ministro de Interior que parece non respectar os límites da súa función”.

O candidato socialista á Xunta contrapón o seu partido a un PP “asediado por casos de corrupción e gangrenado por dentro"

Admeais, advertiu, na outra banda sitúa a Unidos Podemos, que “parece non crer na separación de poderes e disposto a que os xuíces e fiscais estean ás ordes do Executivo”. Leiceaga asegurou tamén que as apelacións de Rajoy e Iglesias a que goberne a lista con máis votos revela que “descoñecen como funciona a democracia parlamentaria” onde, a diferenza dos sistemas presidencialistas, “goberna quen consegue máis apoio parlamentario”. E presumiu da capacidade de acordo do PSOE. 

Leiceaga tamén criticou a “incapacidade de tender a man” dos outros partidos, mentres os socialistas "demostran en moitos concellos e na maioría das comunidades autónomas onde gobernan ter esa capacidade que debe primar para votar o 26 de xuño". Ofreceu así “a capacidade de levar a estabilidade ao goberno e un proxecto de futuro que responda das demandas da ampla maioría da sociedade”.

Cancela esixiu o desenvolvemento da Lei de Titularidade Compartida das explotacións aprobada polo PSOE

Por outra banda, Pilar Cancela, presidenta da xestora do PSdeG, visitou unha granxa en Trazo, onde reivindicou "unha maior visibilidade das mulleres no sector agrogandeiro galego" e esixiu o desenvolvemento da Lei de Titularidade Compartida das explotacións, aprobada polo PSOE.

Leiceaga, nun acto deste mércores Dominio Público @PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.