Leiceaga pide o "vota da convicción" e salienta que o PSOE é "a opción máis inclusiva"

Campaña do PSdeG-PSOE no mercado de Padrón © PSdeG-PSOE

Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, fixo campaña en Padrón e Vilagarcía de Arousa, onde o seu partido celebrou un mitin. Leicega fixo un chamamento a reunir no seu partido os votos “da esperanza e das convicións”, fronte ao "voto do medo" (en referencia ao Partido Popular) ou aos "votos por catálogo” (aludindo a Unidos Podemos e En Marea). Sinalou, así mesmo, que o PSdeG-PSOE é "a opción máis inclusiva", fronte ao "rexeitamento" que xeran outras formacións.

O líder dos socialistas galegos, preguntado polas enquisas, sinalou que o PSOE obterá un mellor resultado nas urnas. "Tamén antes do 20 de decembro os resultados que indicaban as sondaxes eran semellantes e, despois, ao abrir as urnas, estas desmentiron considerablemente as previsións". Salientou, ademais, o gran número de indecisos e indecisas aínda existente, que podería modificar as actuais previsións demoscópicas.

O sábado, Ricardo Varela, José Blanco, Pilar López e Sonsoles López, participaron nun mitin en Sarria no que demandaron o voto ao Partido Socialista “para frear as desigualdades de Rajoy”. Así mesmo, destacaron que se Pedro Sánchez é o vindeiro Presidente do Goberno “impulsaremos un Plan de Emerxencia Social, que inclúe un ingreso mínimo de 426 euros ao mes, para os 720.000 fogares que non reciben ningún tipo de prestación, para rematar ademais coa pobreza infantil”. Neste senso, anunciou que o PSOE “aumentará a prestación por desemprego ata os 2 anos. E aos maiores de 45 anos cobrarán ata que atopen traballo, aínda que tarden máis de 2 anos.

Campaña do PSdeG-PSOE no mercado de Padrón © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.