O BNG de Silleda denuncia "bicefalia institucional" no concello

Casa do Concello de Silleda Dominio Público Praza Pública

O BNG de Silleda denuncia a existencia dunha situación de "bicefalia institucional" no Concello. A anterior alcaldesa, Paula Fernández, que deixou o seu cargo en xuño para converterse en senadora, cumprindo a norma de unha persoa, un cargo. Foi substituída por Manuel Cuíña. Os nacionalistas critican, no entanto, que a anterior alcaldesa segue realizando labores de rexedora "no propio despacho e entre o persoal municipal".

O Bloque pídelle ao goberno municipal "que aclare quen está a levar a batuta do Concello" e demanda "que se esclareza esta interinidade que nin é boa para a institución, nin para os silledenses". Os nacionalistas agardan "que isto sexa só un erro competencial froito da falta de hábito de non sentarse na poltrona e que nos vindeiros días se corrixa a situación", pois de seguir así, din, "demostrarase que se confunde o Concello coa oficina da agrupación local do PSOE".

Casa do Concello de Silleda Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.