O Consello Nacional do BNG fixo balance e valoración dos resultados electorais do 25 de maio. Concluíu que reflicten "unha contestación á Europa das finanzas e a centralización do poder en Bruxelas, un incremento da presenza das forzas políticas nacionalistas que apostan por procesos soberanistas e un fondo rexeitamento da sociedade ás políticas de recortes da Troika".
Para facilitar ese "diálogo" o Bloque vai convocar realización de asembleas locais e comarcais abertas que concluirá con novas propostas para trasladar ao conxunto da sociedade
O portavoz nacional, Xavier Vence, fixo unha lectura en positivo dos resultados do Bloque “nun contexto de dificultade”, pero apuntou que “non colma as aspiracións” do BNG, “que aspira a ser forza maioritaria que elabore alternativas pensadas desde Galiza e para Galiza”. O BNG fíxase como obxectivo "galeguizar o debate político" e abrir un diálogo “franco e directo” coa "cidadanía rebelde e contestataria do país". Para facilitar ese "diálogo" o Bloque vai convocar realización de asembleas locais e comarcais abertas que concluirá con novas propostas para lle trasladar ao conxunto da sociedade.
“Temos que avanzar na galeguización do debate político porque as necesidades deste país son diferentes as de Madrid ou Catalunya, por exemplo. O son cando falamos de emigración ou de emprego, cando reivindicamos unha banca propia ou cando queremos romper coa centralización. Precisamos que as alternativas se formulen en clave galega e con forzas políticas propias”, dixo Vence.
O BNG afirma estar convencido de que “comparte aspiracións” con moito do electorado que o 25M elixiu outras alternativas
O BNG afirma estar convencido de que “comparte aspiracións” con moito do electorado que o 25M elixiu outras alternativas, co electorado “que rexeita á Troika, as políticas de recortes da dereita e que rexeita a corrupción que impregna aos partidos sistémicos”. “O BNG quere dirixirse a ese electorado que comparte as mesmas aspiracións e ser o seu referente fundamental en clave galega”, dixoVence, engadiu que “non se trata de facer diálogos por riba entre siglas, senón socializar ese diálogo e abrir pontes”. “Queremos ampliar a base social do nacionalismo con todos os que teñan Galiza como referente”, concluíu.