O BNG promete "non dar nin un só contrato a empresas que discriminen as mulleres"

Ana Pontón, no acto de igualdade en Vigo © BNG

O BNG non dará "nin un só contrato ás empresas que discriminen as mulleres" no caso de gobernar. Así o manifestou este sábado a súa candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, durante un acto en Vigo ante medio cento de mulleres centrado nas políticas de igualdade. 

Pontón enmarcou esta medida nunha das moitas que a formación prevé como prioritarias para "reverter os recortes aplicados polo PP" nos fondos destinados a promover a igualdade "real" que, como advertiu, "aínda está lonxe". Así, a candidata do BNG citou as "desigualdades cotiás que soporta a metade da poboación: máis horas por menos salario, a obriga de asumir o rol de coidadoras a costa dos proxectos persoais e, sobre todo, a desigualdade que supón a lacra do terrorismo machista".

Pontón advertiu que "a desigualdade tamén etá neses caciques que pensan que teñen dereito de pernada, como Baltar"

Segundo dixo Pontón, "a desigualdade tamén está neses caciques que, desde as institucións, seguen pensando que teñen dereito de pernada no noso país e seguen á fronte de institucións como o señor Baltar, que é unha vergonza para un país democrático e con igualdade". Así o dixo a candidata do BNG, que responsabilizou deste caso a Alberto Núñez Feijóo. 

Ademais, Pontón reivindicou o feminismo por "continuar sendo un ben tan necesario para a igualdade coma sempre e debe empapalo todo fronte a ofensiva neomachista". E prometeu un goberno implicado na igualdade, "empezando pola derrogación de todas as normas reaccionarias que se aprobaron polo Goberno de Feijóo, converter a igualdade na clave doutra maneira de goberar e destinarlle os recursos necesarios ás políticas de igualdade". 

De gobernar o BNG, lembrou, "non se vai dedicar nin un só euro a políticas que discriminen a mullers", dixo Pontón, o que implica eliminar "concertos con colexios do Opus Dei que segregan nenos e nanas". "Non mos facer ningún contrto con ningunha empresa onde haxa discriminación coas mulleres, nin directas nin indirectas", engadiu. 

Ana Pontón, no acto de igualdade en Vigo © BNG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.