Xerar Futuro Galiza Next. É o nome do programa presentado este sábado polo BNG e articulado arredor de 15 ámbitos prioritarios de actuación para aproveitar os fondos europeos e mobilizar un investimento de 14.380 millóns de euros en dez anos para "saír da crise" derivada da pandemia por "unha porta nova", máis "sustentable, social e feminista".
O plan nutriríase dos fondos europeos de recuperación Next Generation e dos recursos derivados do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 da UE
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a deputada Olalla Rodil presentaron unha proposta que se nutriría dos fondos europeos de recuperación Next Generation, así como dos recursos derivados do Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 da UE. O programa propón medidas e proxectos en numerosos ámbitos, desde un centro de alertas epidemiolóxicas, a creación dunha empresa pública de enerxía ou unha nova estratexia industrial.
Pontón resumiu en varios eixos fundamentais os obxectivos da proposta: transición ecolóxica e ambiental, transformación tecnolóxica e dixital, o paso a unha economía verde baseada no I+D+i, a saúde, os coidados como "alicerces dunha sociedade inclusiva" e a aposta indiscutible pola igualdade.
Os eixos fundamentais do programa son a transición ecolóxica e ambiental e tecnolóxica e dixital, a economía verde, os coidados e a igualdade
Ademais, o programa divídese en 15 ámbitos prioritarios con "propostas estratéxicas a favor dos sectores produtivos, do tecido de pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego ou dos servizos públicos, e enfocado cara unha novo paradigma económico verde e tecnolóxico e inclusivo no social".
Pontón marcou, entre as prioridades do prorama, a dixitalización, as enerxías renovables, a economía circular, a ecomobilidade e a biodiversadie, a ecoloxía urbana, a saúde e os coidados, a ciencia e a investigación, a modernización da Administracións, a perspectiva de xénero para a igualdade real e a cultura e o patrimonio.
Entre as prioridades, Pontón situou a saúde e os coidados, a ciencia e investigación, a dixitalización, o desenvolvemento industrial, as enerxías renovables, economía circular, a biodiversidade e a ecomovilidad, economía e ecoloxía urbanas, a modernización da Administración, a cultura e o patrimonio e a perspectiva de xénero para a igualdade real.
O BNG propón a creación dunha empresa pública de enerxía ou un centro de alertas epidemiolóxicas
O documento, que será explicado en detalle nas vindeiras semanas, pretende "poñer no centro a Atención Primaria" no ámbito sanitario, así com a ampliar a atención hospitalaria ou activar un plan de atención á saúde mental. Ademais, Pontón propon a creación dun centro de alertas epidemiolóxicas. "A da COVID-19 non será a última pandemia que haxa que combater", advertiu.
O BNG propón taén un modelo de residencias públicas, reforzar o sistema de I+D+i en colaboración coas universidades, impulsar a investigación biomédica e fortalecer a dixitalización e a implantación das novas tecnoloxías.
"Transición enerxética xusta"
Do mesmo xeito, o Bloque propón unha estratexia industrial que inclúa unha transición enerxética "xusta" e orientada aos sectores con máis potencial: automoción, aeroespacial, robótica, químico-farmacéutico, forestal, agrogandeiro e mar-industria.
No seu propósito, a formación nacionalista márcase un horizonte: que a industria supoña o 25% do PIB en 2030 e tamén que os fondos cheguen ao tecido produtivo das pemes e autónomos. Tamén aposta pola creación dunha empresa pública de enerxía e unha axencia para a xestión de residuos que promova a economía circular.
No documento tamén se inclúe un plan detallado para revitalizar o rural, para a explotación do monte e un plan de rexeneración das rías, todo nun documento aberto "a través dun proceso de participación, de diálogo e de contraste coa sociedade".