Un gran número de marquesinas publicitarias de Santiago de Compostela amenceron este xoves cubertas por carteis críticos co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nunha serie de mensaxes nas que unha serie de grandes empresas lle dan as "grazas" por determinadas decisións do Goberno galego.
Os carteis, por exemplo, agradecen a Feijóo en nome de ENCE por "pechar escolas e hospitais públicos do rural para substituílo todo por plantacións de eucalipto"
Os carteis, por exemplo, agradecen a Feijóo en nome de ENCE por "pechar escolas e hospitais públicos do rural para substituílo todo por plantacións de eucalipto". Ou, por exemplo, agradecen en nome de Mercadona por "deixarnos mercar leite a 30 céntimos o litro ás produtoras para despois vendela a 1,20 euros". De igual xeito, agradecen en nome de Endesa por "permitirnos encher todo de eólicos e aínda así estafar os galegos na factura da luz". Ou, agradecen en nome de La Voz de Galicia por "doar aos medios de prensa dous millóns de euros a un mes das eleccións".
As mensaxes péchanse prreguntando "e ti, por que lle dás as grazas a Feijóo", animando a compartir as respostas nas redes sociais empregando o hashtag #adeusfeijoo. Levando deste xeito a protesta do espazo físico ás redes virtuais
Esta acción únese a outras iniciativas cidadás que están empregando as redes sociais pero tamén o espazo físico para criticar a xestión de Feijóo e mobilizar o voto de esquerdas
Esta acción únese a outras iniciativas cidadás que nesta campaña electoral están empregando as redes sociais pero tamén o espazo físico para criticar a xestión do actual presidente da Xunta e mobilizar o voto de esquerdas. Temos, por exemplo, a conta #byebyefeijóo, que dende Instagram publica carteis con diferentes mensaxes relativas ás politicas do Partido Popular, animando a quen o desexe a descargalos, imprimilos e pegalos nas rúas das súas localidades, levando así a protesta no camiño inverso: das redes sociais ao espazo físico.
#byebyefeijoo defínese como unha "iniciativa popular para denunciar as políticas de Feijóo" e fai un chamamento a "mobilizar a túa aldea, vila ou cidade" e a "espallar nas redes"
#byebyefeijoo defínese como unha "iniciativa popular para denunciar as políticas de Feijóo" e fai un chamamento a "mobilizar a túa aldea, vila ou cidade" e a "espallar nas redes". Os carteis mesturan mensaxes de activación do voto progresista con outros coma "co Goberno de Feijóo máis de 150.000 persoas perderon o galego como lingua nai entre os anos 2008 e 2018", "o Goberno de Feijóo provoca o 109º venres negro contra a manipulación informativa na CRTVG" ou "o Goberno de Feijóo retrasa para despois das eleccións o anuncio da eliminación de 400 camas hospitalarias".