O PP fixa como obxectivo construír "unha alternativa ao populismo" nas cidades galegas

Miguel Tellado, co alcalde de Ourense e os e as portavoces nas outras seis cidades © PPdeG

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, mantivo este venres unha xuntanza cos e coas responsables municipais da formación nas sete cidades galegas aos e ás que instou a "construír desde xa un proxecto gañador e de goberno" para as próximas eleccións municipais e a conformar "unha alternativa ao populismo" que goberna "a maioría" das urbes.

Tellado situou "o populismo" como principal "rival" do PP “xa sexa na súa vertente de dereitas, de estrema esquerda ou socialista”

Tellado situou "o populismo" como principal "rival" do PP “xa sexa na súa vertente de dereitas, de estrema esquerda ou socialista”. O secretario xeral popular afirmou sobre o populismo que “2015 foi o ano do seu ascenso, pero 2016 serviunos para saber que os galegos canto máis os coñecen, menos os votan”. "A única alternativa posible a esta forma de facer política é a que ofrece o PPdeG", engadiu

Tellado dixo que as cidades galegas son “vítimas de gobernos que van camiño de levalas a todo un mandato perdido". Sinalou como "honrosa excepción” a de Ourense, cun alcalde ao que cualificou de “exemplo”. "O labor de Jesús Vázquez non é fácil, posto que nunca é doado gobernar en minoría, pero é aínda máis difícil facelo cando enfronte hai unha oposición irresponsable e instalada no bloqueo", defendeu.

Á xuntanza asistiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os e as líderes locais na Coruña (Rosa Gallego), Vigo (Elena Muñoz), Compostela (Agustín Hernández), Lugo (Jaime Castiñeira), Pontevedra (Jacobo Moreira) e Ferrol (Martina Aneiros)

Á xuntanza asistiu o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. E os e as líderes locais populares na Coruña (Rosa Gallego), Vigo (Elena Muñoz), Compostela (Agustín Hernández), Lugo (Jaime Castiñeira), Pontevedra (Jacobo Moreira) e Ferrol (Martina Aneiros). Tellado anunciou que reunións coma esta terán continuidade no tempo, porque estes foros serven para “aproveitar sinerxias” que se poidan dar entre as diferentes agrupacións, xa que entende que as cidades teñen “problemas comúns aos que darlle solucións comúns”.

Miguel Tellado, co alcalde de Ourense e os e as portavoces nas outras seis cidades © PPdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.