O PP obtivo unha maioría absoluta clara: 41 escanos de 75 e máis votos que PSdeG, AGE e BNG xuntos. Pero chama a atención que os populares afiancen o seu dominio perdendo ao redor de 130 mil votos. Núñez Feijoo suma 653 mil actas entre as 2.376.217 persoas que estaban chamadas ás urnas. Representa o 27% do total. E o 45% dos votos válidos: un punto menos que en 2009
Iso si. O dominio do PP foi claro en todas as comarcas. De feito foi o partido máis votado en todos os concellos agás en 14: En Allariz onde gañou o BNG, Vilar de Santos onde gañou CxG e 12 nos que se impuxo o PSdeG-PSOE (A Capela, Dumbria, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, A illa de Arousa, Fornelos de Montes, Carballeda de Avia, Parada de Sil, Larouco, Castrelo do Val, Calvos de Randin e Entrimo).
A abstención dispárase con seis puntos e medio máis. En 2009 a participación dos votantes residentes en Galicia foi do 70,4% e este domingo caeu até o 63,8%
A abstención dispárase con seis puntos e medio máis. En 2009 a participación dos votantes residentes en Galicia foi do 70,4% e este domingo caeu até o 63,8%. Este aumento significa que case 150 mil persoas que votaran nos últimos comicios autonómicos esta vez quedaron na casa. Crecen ademais os votos nulos e en branco e chegan xa ao 6,24%, ao redor de 75 mil persoas. Unha cifra á que se poden sumar os 17 mil votos obtidos polas candidaturas de Escanos en Branco.
Os tres partidos que conformarán a oposición: PSdeG, AGE e BNG suman 15 mil votos menos que o PP. Os 200 mil votos que obtén AGE, cobren só unha parte dos 230 mil votos que perde o PSdeG e os 135 mil que se deixa o BNG. As restantes formacións superan en conxunto o 7% dos votos emitidos, superando amplamente as 100 mil actas e duplicando con respecto a 2009 os votos que quedaron sen representación. UPyD, Escanos en Branco, SCD e CxG superan o 1% dos votos cada un.
O incremento da abstención en case 150 mil persoas, do voto branco e nulo en 50 mil e as transferencias a AGE (200 mil) e ás forzas extraparlamentarias (suman 50 mil votos máis ca en 2009) amosan unha realidade electoral marcada pola desafección e cada vez máis fragmentada
Velaqui está a explicación do destino dese medio millón de votos perdidos polos tres partidos que até agora contaban con representación. O incremento da abstención en case 150 mil persoas, do voto branco e nulo en 50 mil e as transferencias a AGE (200 mil) e ás forzas extraparlamentarias (suman 50 mi votos máis ca en 2009) amosan unha realidade electoral marcada pola desafección e cada vez máis fragmentada.
Circunscrición única
Se Galicia fose unha circunscrición única, aplicando o mesmo sistema proporcional e a Lei D'Hont, estes serían os resultados: PP 39 deputados, PSdeG-PSOE 17, AGE 11 e BNG 8. Se non se aplicase un límite mínimo para entrar no Parlamento, UPyD tamén obtería un escano, en prexuízo do PP. Outro cálculo que se pode facer é extrapolar os resultados deste domingo á reforma do Parlamento proposta polo PP en xuño e que leva no seu programa electoral. A cámara tería 61 deputados e privilexia as provincias de Lugo e Ourense, nas que o control dos populares é maior. Cun reparto de 19 escanos pola Coruña, 16 por Pontevedra e 13 por Lugo e Ourense os resultados serían (maioría absoluta en 31 deputados): PP con 34 deputados, PSdG con 14, AGE con 7 deputados e BNG con 6.
Os fortíns de cada partido
PP:
Beariz 88%
Quintela de Leirado: 80.08%
Pontedeva 76.76%
As Somozas 76.53%
Dozón 75.03%
PSdeG-PSOE:
Pedrafita do Cebreiro 56.78%
Negueira de Muñiz 47.96%
Dumbria 43.82%
Castrelo de Val 45.93%
Fornelos de Montes 40.83%
AGE:
Teo 26.90%
Fene 24.29%
Ames 23.55%
Cangas 23.54%
Cambre 23.23%
BNG:
San Sadurniño 31.19%
Bueu 23.57%
Allariz 42.90%
A Bola 38.08%
Castrelo de Miño 25.46%
UPyD:
Ames 2.84%
Narón 2.73%
Cambre 2.71%
A Coruña 2.43%
Vigo 2.33%
Escanos en Branco:
Culleredo 2.72%
Arteixo 2.35%
A Coruña 2.29%
Oleiros 2.23%
Ourense 2.02%
SCD:
Mondariz-Balneario 4.83%
Ribadumia 3.06%
Tui 3.01%
Nigrán 2.84%
Vigo 2.56%
Compromiso por Galicia:
Vilar de Santos 52,92%
Maceda 12,06%
Porqueira 11,32%
Mondariz 9,11%
Curtis 7,86%
Partido da Terra:
Triacastela 2.94%
A Estrada 1.55%
Arteixo 1.43%
A Coruña 0.54%
Ponte Caldelas 0.50%