O PSdeG critica as “durísimas” restricións do PP ao Plan Ferrol

Beatriz Sestayo, deputada socialista CC-BY-NC-SA PSdeG

A deputada do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo rexistrou este martes no Parlamento unha serie de iniciativas co obxectivo de "dinamizar o Plan Ferrol". A parlamentaria esíxelle á Xunta que "escoite a voz dos implicados na dinamización da economía e do emprego dunha comarca que ten chegado ao 32% de desemprego". "Non se pode ser prepotente mentres Ferrol esmorece na desesperanza”, afirma Sestayo.

Entre as iniciativas figura por exemplo "que o Goberno do PP elimine a esixencia de avais ás empresas, unha durísima condición que os socialistas retiraran e que o Partido Popular decidiu imponer de novo". “Resulta absurdo que cando a principal  dificultade para a creación de empresas e o desenvolvemento de novos proxectos é a falta de concesión de créditos, as administracións populares impoñan a esixencia de avais bancarios que difícilmente poderán conquerir”, subliña.

Sestayo criticou tamén "a deixadez" da Xunta, e ve como “outro síntoma da súa absoluta despreocupación” o feito de que o Plan Ferrol leve seis meses sen director, nomeadamente dende que cesou o anterior. "Unha vez máis, a hipocresía do PP aparece: mentres co discurso falan de mantemento do Plan, na práctica obstaculizan a súa viabilidade", asegura.

Beatriz Sestayo, deputada socialista CC-BY-NC-SA PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.