O PSdeG denuncia que Barreiro e Balseiro son "os políticos máis caros de Galicia"

Feijóo, con Rueda e Barreiro nun comité directivo do PP © PPdeG

O PSdeG-PSOE acusou este xoves o Partido Popular de "dobre moral" pois, din, "mentres se prodigan como os grandes valedores da austeridade e do aforro, teñen á fronte das súas filas en Lugo a José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, os dous políticos máis caros de Galicia". Os socialistas salientan que segundo datos oficiais e públicos que se poden consultar nas páxinas web do Senado e do Parlamento, cada un deles cobra ao ano case 120.000 euros, 14 veces máis que o salario mínimo interprofesional.

Os socialistas salientan que segundo datos oficiais e públicos que se poden consultar nas páxinas web do Senado e do Parlamento, cada un deles cobra ao ano case 120.000 euros, 14 veces máis que o salario mínimo interprofesional

Os socialistas afirman que Rajoy premiou a Barreiro, "nomeándoo Presidente dos populares no Senado para rematar coa súa pugna con Feijóo, facendo que reciba un soldo mensual de 8.400 euros". E din, igualmente, que Feijóo premiou a Balseiro, "nomeándoo Secretario da Mesa do Parlamento Galego, cun soldo mensual de 8.000 euros. Nos vindeiros días, como novo premio de Feijóo, Balseiro embolsará outros 16.000 euros que o Presidente da Xunta decidiu manterlle como indenmización pola disolución da Cámara autonómica", conclúen.

O PSdeG-PSOE di defender "que quen exerza unha labor política responsable e eficaz ten o dereito de recibir unha remuneración". Pero, afirman, "cando non hai xestión e na conta de resultados sae a cero, os políticos saen moi caros ós cidadáns".

Feijóo, con Rueda e Barreiro nun comité directivo do PP © PPdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.