O PSdeG esixe o cese de dous edís de Vilalba por beneficiar as súas empresas dende o Concello

Casa do Concello de Vilalba Dominio Público Praza Pública

O PSdeG de Vilalba pedirá ete xoves formalmente a través dunha moción no pleno municipal que o alcalde destitúa os concelleiros José Mª García Leira y Boado e Julio Vázquez Otero, tamén primeiro tenente de alcalde, tras a “gravidade dos feitos que apuntan ao seu uso do poder en beneficio persoal” para empresas coas que están relacionados.

José Mª García Leira y Boado mantén unha relación contractual coa empresa José Sanjurjo Construcciones S.L dende maio do ano 2007, e tamén leva participado activamente, como membro da xunta de goberno local, en todas as adxudicacións á referida empresa

José Mª García Leira y Boado mantén unha relación contractual coa empresa José Sanjurjo Construcciones S.L dende maio do ano 2007, e tamén leva participado activamente, como membro da xunta de goberno local, en todas as adxudicacións á referida empresa, ao igual que na aprobación dos correspondentes pagamentos de facturas. Os socialistas engaden que “o máis grave” é a súa participación "no levantamento de reparo suspensivo de legalidade para o pagamento de factura a dita empresa estando en situación de concurso de acreedores, unha situación non permitida pola lexislación”, afirman. 

O PSdeG afirma ademais que García Leira y Boado está a cargo da xestión do auditorio municipal dende hai 10 anos, un auditorio que presenta deficiencias estruturais que provocan humidades no seu interior desde o mesmo momento da súa inauguración. “É sabido que unha das empresas que formaron parte da UTE para a construcción do Auditirio foi a de  José Sanjurjo Construcciones S.L. E tamén que non foi ata o ano 2005, sen ningunha acta de recepción de obra, no que o Concello escriturou este inmoble. Na actualidade, e segundo declaración feitas polo propio Alcalde, o arranxo das deficiencias que están a provocar as humidades do Auditorio e que non lle foron reclamadas aos construtores rondaría agora a cantidade de 500.000 euros”, denuncian os socialistas.

Os socialistas preguntaranlle no pleno a todos os membros da Xunta de Goberno "se eran conscientes ou non de que estaban a aprobar unha factura para a empresa do primeiro tenente de alcalde"

No referente ao concelleiro D. Julio Vázquez Otero, o PSdeG afirma que “ten amosado en máis dunha ocasión o seu interese particular no desempeño do cargo de 1º Tenente de Alcalde, pois nin se inhibiu no momento de tratar institucionalmente cuestións do seu interese na urbanización Os Olivos, como é o caso do outorgamento da licenza de primeira ocupación a un inmoble da súa propiedade, nin tampouco na solicitude feita por este grupo político ao respecto da reposición da legalidade de obras feitas na mesma urbanización sen ter a oportuna licenza municipal”.

O PSdeG considera “aínda de maior gravidade” o feito de que Vázquez Otero “teña participado na  adxudicación en Xunta de Goberno do pagamento dunha factura  por importe de 2.800 euros a unha empresa da que é copropietario”. Foi para unha clínica médica co concepto de servizos prestados para o festival FIV. Os socialistas preguntaranlle no pleno a todos os membros da Xunta de Goberno "se eran conscientes ou non de que estaban a aprobar unha factura para a empresa do primeiro tenente de alcalde".

Casa do Concello de Vilalba Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.