O PSdeG pide a dimisión de Manuel Baltar pola imputación do seu pai

Raúl Fernández, secretario provincial de Ourense CC-BY-NC-SA PSdeG

O PSdeG-PSOE pedirá a dimisión de Manuel Baltar como presidente da Deputación e como responsable do PP en Ourense pola imputación de seu pai, José Luís Baltar. Anunciouno o secretario xeral dos socialistas na provincia, Raúl Fernández, que defendeu a petición de dimisión en base ao contido do propio auto que imputa a Baltar pai polas posibles irregularidades na contratación de 104 persoas en vésperas do congreso provincial de 2010. "José Luís Baltar actuou a favor do seu fillo, para aplanarlle o camiño e que fose presidente do Partido Popular na provincia e da Deputación", dixo.

"José Luís Baltar actuou a favor do seu fillo, para aplanarlle o camiño e que fose presidente do Partido Popular na provincia e da Deputación", dixo.

Raúl Fernández, Maria Quintas e Ignacio Gómez, declararon, antes da xuntanza de traballo con dirixentes do PSdeG de Ourense, a súa "satisfacción" polo auto que imputa a José Luis Baltar "ter enchufado xente para favorecer a posterior elección do seu fillo como Presidente da Deputación". Ademais, Raúl Fernández pediulle “explicacións” a Alberto Núñez Feijóo, porque "sabía todo" en relación ao caso. Os socialistas culpan o presidente galego e máximo responsable do PPdeG de tolerar as prácticas caciquís de Baltar durante anos. María Quintas, secretaria de Organización dos socialistas ourensáns, recordou que o xefe do Executivo galego dixera que Baltar era o PP polo que “Feijóo, aparte de explicar por que veranea con narcotraficantes, ten que dar explicacións e debera esixir a dimisión de Baltar”.

O Portavoz do Grupo Socialista na Deputación, Ignacio Gómez, insistiu en que “o que está a dicir o Xuíz no auto é moi grave, porque vincula as contratacións a que José Manuel Baltar gañe o Congreso que lle permitiu ser logo Presidente da Deputación”. Para o edil socialista o propio Baltar fillo debera presentar voluntariamente a súa dimisión en coherencia coa demanda de transparencia e honorabilidade que esixe a outros compañeiros do seu propio partido “e aos que pide que se afasten do PP”. Agora “é el o que está en entredito”, afirmou.

José Luís Baltar declarou La Región, que está "tranquilo" e "seguro de que ao final se demostrará a súa inocencia"

O texto remitido polo xuíz afirma que "todos os indicios apuntados fan pensar en que, por parte de José Luís Baltar", na súa calidade de presidente da Deputación Provincial de Ourense, "formalizou un total de 104 contratos de natureza temporal prescindindo dos orzamentos esenciais establecidos na ordenanza municipal de 8 de xaneiro do 2004". Tamén sinala que a maior parte das persoas beneficiarias dos contratos eran "afíns" ao PP e os contratos producíronse "en vésperas do Congreso que tiña por obxecto nomear ao presente o Partido Popular ourensán, resultando curiosamente elixido o seu propio fillo".

José Luís Baltar declarou en La Región que está "tranquilo" e "seguro de que ao final se demostrará a súa inocencia". Nega que se lle advertira das irregularidades nas contratacións temporais que asinou: "Non é certo que mo dixesen, e, ademais, ao presidente da Deputación hai que advertirlle as cousas por escrito, non serve doutro xeito".

Alfonso Rueda dixo que o PP "reivindica, por suposto e con firmeza", a presunción de inocencia de José Luís Baltar

Pola súa banda o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, dixo que o partido "reivindica, por suposto e con firmeza", a presunción de inocencia de José Luís Baltar. "Cando os xuíces falan, os políticos deberiamos ter pouco que dicir e, por tanto, respectamos a decisión do xuíz", sinalou Rueda, que lembrou que Baltar, "cando empezou todo este proceso, pediu a suspensión de militancia e, neste momento, non é membro do partido".

Raúl Fernández, secretario provincial de Ourense CC-BY-NC-SA PSdeG

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.