O PSdeG repasa en Ames a súa historia

Cartaz da xornada Dominio Público PSdeG-PSOE de Ames

O PSdeG-PSOE de Ames celebra este venres a súa segunda xornada de debate do ciclo sobre “A historia do Partido Socialista en Galicia (1977-2009)”, centrada nesta ocasión no periodo 1982-1998. A charla, comezará ás 20 horas no Pazo da Preregrina de Bertamiráns e contará coa participación de José Blanco, coordinador de Organización da Executiva Nacional Galega e Senador (1998-1996); José Nogueira, secretario de Organización da Executiva Nacional Galega (1985-1994) e Parlamentario autonómico (1985-1993); e de Antonio Rodríguez, secretario xeral do PSdeG (1982-1985), Presidente do PSdeG (1985-1987), Deputado nas Cortes (1982-1989/1993-1996) e Senador (1989-1993). 

Estas xornadas sobre a Historia do Partido Socialista en Galicia teñen como obxectivo achegar a historia do partido a todos os militantes, en particular, e a todos os cidadáns, en xeral. Os seus organizadores consideran "imprescindible dar a coñecer o pasado e o desenvolvemento" da formación porque "é necesario coñecer o pasado e as nosos orixes para afrontar de mellor maneira o presente e o futuro, especialmente nestes momentos nos que a política e os políticos son tan mal vistos pola sociadade".

Cartaz da xornada Dominio Público PSdeG-PSOE de Ames

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.