O xuíz da Audiencia Nacional Eloy Velasco vén de poñer en liberdade os oito detidos aos que tomou declaración este luns no marco da operación contra Resistencia Galega, logo de imputarlles un delito de integración en organización terrorista por formar parte de Causa Galiza. Ademais, o maxistrado suspendeu de actividades durante os dous próximos anos a Causa Galiza.
O xuíz suspendeu de actividades durante os dous vindeiros anos a organización Causa Galiza
Velasco, que interrogou este luns oito persoas -o noveno detido quedou en liberdade por problemas de saúde e declarará máis adiante-, considera que Causa Galiza dedicábase a enaltercer as actividades terroristas de Resistencia Galega, con motivo do Día da Galiza Combatente, cuxa última edición se celebrou o pasado 11 de outubro, e dos membros deste grupo e do seu antecedente, o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.
Os oito foron detidos o pasado venres no marco da operación Jaro, que se desenvolveu en Santiago de Compostela, Boiro, Muros, Pontevedra e Vigo. O noveno arrestado, S.G, declarará finalmente o próximo 14 de decembro.
O maxistrado considera que Causa Galiza dedicouse a enaltecer as actividades terroristas de Resistecia Galega
Aos detidos incautáronselles documentos nos que a organización recoñecía que, segundo os responsables da operación, non rexeitaban o uso da violencia para conseguir os seus fins, en referencia á independencia de Galicia. Entre eles atópase Antón Arias Curto, de 71 anos, vinculado primeiro a Loita Armada Galega (LAG), despois ao Exercito Guerrillheiro do Povo Galego Ceive e finalmente a Resistencia Galega.