Os Ecosocialistas reclaman que se reúna a Comisión de Coordinación de AGE para tratar os "asuntos pendentes"

Conferencia política de Espazo Ecosocialista Dominio Público EE

Espazo Ecosocialista vén reiterar a súa aposta para as eleccións europeas por unha "candidatura aberta e plural das esquerdas estatais e nacionais para facer fronte a Troika". Para os Ecosocialistas é "moi importante" que nas europeas se visibilice "a maioría que rexeita as políticas de recortes sociais, ataques medioambientais e recentralización que está a xestionar o Partido Popular, coa complicidade do PSOE, ao servizo dos oligopolios europeos". Engaden que "a Europa do Sur debe ter unha resposta unitaria desde Atenas a Lisboa, pasando por Galicia, e onde se vertebre unha alianza de proxectos nacionais e rexionais".

Reclaman a "vertebración política cooperativa" dunha "esquerda nacional estratéxica e estable non o albur das diferentes convocatorias electorais"

A formación defende que en Galicia "ese suxeito político debe concretarse arredor de AGE", coalición para a que consideran necesaria a súa "vertebración, consolidación e ampliación". Reclama, pois, a "vertebración política cooperativa" dunha "esquerda nacional estratéxica e estable non o albur das diferentes convocatorias electorais".

Por este motivo considera "fundamental" que se reúna a Comisión de Coordinación da Coalición de AGE "para abordar este e outros temas pendentes", como a participación da base social na coalición ou a celebración de asembleas comarcais para preparar o debate do estado da autonomía e dos orzamentos da Xunta de Galicia coa cidadanía. A Comisión está conformado por catro membros de EU, catro de Anova, dous de Espazo Ecosocialista e dous de Equo e a última vez que se reuniu foi o pasado 15 de maio, sinalan os Ecosocialistas.

"Estamos diante do aniversario dun cambio de concepción na esquerda galega, que levantou grandes expectativas e ilusións, e que seria unha irresponsabilidade non fortalecer esta aposta"

Espazo Ecosocialista cre que "AGE como tal debe abordar o debate das eleccións europeas" e lembra que "estamos diante do aniversario dun cambio de concepción na esquerda galega, que levantou grandes expectativas e ilusións, e que seria unha irresponsabilidade non fortalecer esta aposta".

 

Conferencia Política Nacional de EEG

Espazo Ecosocialista convoca ademais a súa Conferencia Política Nacional sobre políticas de alianzas e converxencias sociais para os sábados 19 e 26 de outubro. Haberá mesas sobre o papel da cidadanía no cambio político e sobre as novas axendas, "fundamental para darlle a alternativa a unha dereita neoliberal ocupada no desmantelamento do estado de benestar e unha socialdemocracia ensimesmada e coa vista posta no pasado e nun modelo desarrollista que non pode nin debe volver". Sinalan que "as novas axendas pasan por un novo modelo de sustentabilidade social e medioambiental e de radicalidade democrática e están centradas no dereito a vivenda, cooperativismo e finanzas éticas, un novo modelo enerxético e de transporte, a renda básica de cidadanía, os dereitos sociais, o desenvolvemento rural, a cultura de paz, o laicismo, os dereitos das persoas migrantes, ou os dereitos das mulleres".

Haberá mesas sobre o papel da cidadanía no cambio político e sobre as novas axendas

A terceira mesa tratará a construción da esquerda política nacional e contará coa presenta de Martiño Noriega, coordinador nacional de Anova, Yolanda Diaz, coordinadora nacional de EU, e Xoán Hermida, coordinador nacional de Espazo Ecosocialista. Na segunda sesión Espazo Ecosocialista fará unha valoración das conclusións da primeira e convocará o proceso cara a súa II Asemblea Nacional.

Xornadas de Formación de Espazo Ecosocialista Galego Dominio Público Espazo Ecosocialista

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.