48 seccións censuais para o PSdeG-PSOE, 25 para o PP, 5 para Democracia Ourensana. As tres formacións repartíronse os triunfos nos barrios da cidade das Burgas, a que tivo un resultado máis igualado entre as urbes galegas, con menos de 5 puntos de diferenza entre socialistas, populares e DO.
O PSdeG-PSOE pescou á súa esquerda e á súa dereita, gañando 4.500 votos que poden ser determinantes para darlle a Alcaldía. Os socialistas dominaron en boa parte da cidade, amosáronse moi forte ao norte do Miño, pero baixando do 20% en varias rúas do centro. O PP, en cambio, obtivo os seus mellores resultados no centro e mais en Santa Mariña do Monte. Porén, os populares volven perder votos unha elección, caendo xa por debaixo da metade dos apoios que tivera no ano 2007
A Democracia Ourensana de Gonzalo Pérez Jácome perdeu un concelleiro e máis de 1.500 votos, pero mantivo o seu dominio na zona do Vinteún e A Ponte.
Pola súa banda, Ciudadanos irrompeu con forza na corporación, obtendo máis ou menos os votos que perdeu o PP. A formación laranxa, liderada polo ex-popular José Araújo fíxose forte nas parroquias do norte da cidade, onde chega a superar o 15% dos votos, pero fica moi por debaixo dese rexistros no resto.
O BNG, finalmente, regresou á corporación ao crecer algo máis de mil votos.