Piden o cese da delegada da Xunta en Vigo por un xantar de altos cargos cun custe de 70 euros por persoa

María José Bravo Bosch á dereita © uvigo

O pasado martes a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, organizou unha reunión de traballo cos xefes de servizo e directores de área que rematou cun xantar no castelo de Soutomaior cun custe de 70 euros por persoa. Iso é cando menos o que denuncian CIG e PSdeG-PSOE e socialista Abel Losada vén de esixir a súa dimisión.

CIG e PSdeG denuncian que María José Bravo Bosch organizou unha reunión de traballo cos xefes de servizo e directores de área que rematou cun xantar no castelo de Soutomaior cun custe de 70 euros por persoa

A CIG engade que ao custe do ágape hai que engadir os gastos de quilometraxe por traslados 60 kms dende Vigo e chama a atención sobre o que considera un desbalde de cartos públicos que contrasta tanto co discurso de austeridade do PP coma cos recortes efectuados nos salarios dos traballadores da administración pública. Os funcionarios perderon un 33% dos seu poder adquisitivo na última década.

Neste senso Abel Losada denuncia que Bravo Bosch “gasta os cartos de todos os galegos e galegas nunha comida no Castelo de Soutomaior para ela e os seus altos cargos, mentres o PP obriga á cidadanía a asumir recorte tras recorte, tamén aos traballadores públicos”. O socialista ve “bochornoso e inxustificable” esta actitude da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, a quen lle reclama que “asuma as súas responsabilidades” polo “despilfarro” de fondos públicos.

María José Bravo Bosch á dereita © uvigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.