Piratas de Galicia denuncian o gasto público innecesario na campaña electoral

Cartaz de Piratas de Galicia CC-BY-SA Piratas de Galicia

Os Piratas tamén se presentan en Galicia, concretamente fano polas provincias de Ourense e Pontevedra. Fano cunha absoluta modestia de recursos e empregando case exclusivamente a rede como ferramenta para difundir as súas mensaxe. O seu discurso incide entre outras cuestións da abismal desigualdade de oportunidades entre os partidos que concorren ás eleccións e culpar dela en parte á actual lexislación electoral.

Porén, tamén farán nalgúns momentos unha campaña máis concencional: "explicarémoslle á xente pola rúa con panfletos o que é o movemento pirata e os nosos proxectos coa desculpa de non facer a pegada sucia e antiecolóxica que fan a maioría nesta época só para amosar aos candidatos e algún slogan enlatado". Salientan ademais os incumprimentos da lei electoral por parte do PP: "o Partido Popular estivo enganando á prohibición de chamar ao voto antes do comenzo da campaña con trampas polas que terá que pagar multas".

Os Piratas poñen o foco nos gastos innecesarios, moitos deles procedentes de fondos públicos, que se levan a cabo na campaña electoral, "xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos"

Os Piratas poñen o foco nos gastos innecesarios, moitos deles procedentes de fondos públicos, que se levan a cabo na campaña electoral, "xustamente nun tempo que a crise apachoca a todos". Denuncian a este respecto "a ilóxica disposición de 5 millóns de papeletas que se imprimen para as eleccións do que só se usará o 1%. Para cando unhas papeletas únicas con tódolos partidos e marca de voto?". Por iso presentarán denuncias nas xuntas electorais "para que en futuras eleccións, de calquera ámbito, sexamos responsables co entorno e os custes que se xeran".

Cualifican de "escándalo" o reparto dos recursos públicos que se fai por lei "e que beneficia aos de sempre"

Finalmente, cualifican de "escándalo" o reparto dos recursos públicos que se fai por lei "e que beneficia aos de sempre". En referencia á "publicidade na TV, locais públicos para facer mitins, ata as farolas que alumean e serven para pendurar aos candidatos en fotografía retocada". Os Piratas asinaron un manifesto Pola Igualdade de Oportunidades nas Eleccións con outras formacións pequenas denunciando estas cuestións.

Apelan "ao cidadán responsable" que non acuda ás urnas a votar "co medo que farán valer entre os partidos maioritarios ou mesmo a ilóxica razón do voto útil". E emprazan aos votantes a que neste tempo "examinen todas as propostas e que voten en conciencia".

Cartaz de Piratas de Galicia CC-BY-SA Piratas de Galicia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.