PSdeG: "Se os galegos enfadados cos recortes votan cambio, haberá cambio"

Imaxe do acto do PSdeG-PSOE en Muros. Suso de Toro, Pachi Vázquez e Francisco Caamaño © PSdeG-PSOE

Pachi Vázquez estivo en Muros, acompañado por Francisco Caamaño, número un socialista pola Coruña. Alí salientou que as súas encuestas revelan que "cada día más" indecisos se están "pasando al PSOE". No mesmo acto Caamaño pediu o voto para o PSdeG-PSOE para "mandar" a Núñez Feijóo, a "cobrar o canon da auga aos marcianos" agora que "a Nasa descubriu que nese planeta "hai auga".

O ex ministro de Xustiza lembrou as súas orixes ceensee, e destacou que puido chegar a altos cargos "grazas a políticas socialistas" que lle deron bolsas e facilidades para o acceso á universidade, e advertiu de que "iso é o que está en peigo agora". E engadiu: "Estas eleccións non van de se gaña o PP ou o PSOE, senón de se poderemos seguir sendo todos iguais ou, como hai anos, haberá uns poucos que teñen todo e os demáis estarán abandonados á súa sorte".

Caamaño: "Estas eleccións non van de se gaña o PP ou o PSOE, senón de se poderemos seguir sendo todos iguais ou, como hai anos, haberá uns poucos que teñen todo e os demáis estarán abandonados á súa sorte"

Pola súa banda o secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, salientou en Barro que “o que realmente demostran as enquisas é que unha ampla maioría dos galegos e galegas están enfadados co Goberno e cos recortes do PP e que se eses galegos que queren cambio votan o 21 de outubro a conclusión será ineludible: haberá cambio, e o cambio en Galicia chámase PSdeG”.

Imaxe do acto do PSdeG-PSOE en Muros. Suso de Toro, Pachi Vázquez e Francisco Caamaño © PSdeG-PSOE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.