Carles Puigdemont, president da Generalitat cesado en aplicación do artigo 155 da Constitución, atópase refuxiado en Bélxica desde onde esperou a querela presentada pola Fiscalía do Estado que lle atribúe os delitos de rebelión, sedición e malversación de caudais públicos. Carles Puigdemont viaxou a Bruxelas acompañado doutros membros do seu goberno.
Segundo puido confirmar eldiario.es, Puigdemont tomou a decisión de viaxar a Bruxelas asesorado por un equipo xurídico que lle recomenda permanecer nese país para forzar á xustiza española a profundar nas acusacións que o sinalan como o máximo responsable da comisión dun delito de rebelión.
O movemento do expresident catalán pretende internacionalizar as decisións xudiciais e obrigar á xustiza belga a fixar posición sobre a posible emisión dunha euroorde de detención por parte de España.
Bélxica é un dos países europeos máis garantistas na concesión de extradicións e permite que a defensa dos acusados poidan expor unha necesaria análise sobre os elementos indiciarios da comisión de delitos
Bélxica é un dos países europeos máis garantistas na concesión de extradicións e permite (do mesmo xeito que Reino Unido, Alemaña ou Holanda) que a defensa dos acusados poidan expor unha necesaria análise sobre os elementos indiciarios da comisión de delitos, así como unha serie de limitacións e esixencias en materia de garantías en caso de entrega.
Carles Puidemont deu a entender na mañá deste luns que se atopaba no seu despacho, situado no Palau da Generalitat. Fíxoo a través da publicación dunha foto nas redes socaiis tomada desde o interior do edificio. A imaxe pretendía dar a idea de que o expresident se atopaba traballando no seu despacho, cando en realidade xa estaba en Bruxelas. O expresident catalán non asistiu tampouco á reunión da dirección do PDeCAT , prevista para este luns.
Puigdemont desprazouse a este país só un día despois de que o secretario de Estado de Asilo e Migración belga, Theo Francken, provocase unha polémica ao abrir a porta sobre a posibilidade de concederlle asilo ao expresident. As palabras de Francken non tardaron en ser corrixidas polo primeiro ministro belga, Charles Michel.