Sete sondaxes amosan un panorama totalmente incerto para as eleccións do 21D

Dominio Público Praza Pública

Esta noite publicaronse sete enquisas de intención de voto para as eleccións ao Parlamento de Catalunya do vindeiro 21 de decembro. Todos os estudos (á espera de que este venres, último día permitido pola lei para a difusión de sondaxes) prevén un resultado moi axustado e un panorama moi incerto, cunha estreita loita entre ERC e Ciudadanos por ser a primeira forza e un resultado das tres listas independentistas moi próximo aos 68 escanos da maioría absoluta.

O partido laranxa sería a primeira en votos en catro das sete sondaxes, aínda que ERC domina en escanos en seis deles. Os estudos de GAD3 (ABC) e Feedback (ElNacional.cat) sitúan a JxCat preto de ERC, pero o resto de enquisas augura unha clara vantaxe da lista de Junqueras na competición coa liderada por Puigdemont. O PSC sobe entre 3 e 8 escanos (sobre todo na de GESOP para El Periódico), mentres que EnComú-Podem, CUP e PP baixan con respecto aos resultados de 2015, lixeiramente no caso das dúas listas de esquerda e de forma máis importante na conservadora.

En canto ás posibles maiorías na cámara, as sete sondaxes deixan a suma das tres listas independentistas (ERC, JxCat e CUP) moi preto da maioría absoluta (68). Dende os 67-72 de Feedback-ElNacional e os 66-69 de Gesop-ElPeriódico ata os 67 de Metroscopia-ElPais, os 66 de NCReport-LaRazón, os 64-69 de Henneo-20Minutos, os 64-69 de Sigma2-ElMundo e os 64-67 de GAD3-ABC, única enquisa que non contempla a posibilidade de maioría absoluta independentista en escanos.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.