Syriza aposta todo á maioría absoluta para "rachar coa troika" en Grecia

Manifestación de Syriza en Atenas CC-BY-NC-SA Mehren Khalili

151 escanos é a cifra máxica. Son os que precisa acadar Syriza para conseguir a maioría absoluta que reclama o seu líder, Alexis Tsipras. As enquisas conceden ao seu partido o primeiro lugar, cunha pinza de vantaxe sobre o segundo, o centrodereitista Nova Democracia, de entre 4 e 6 puntos. Dada a prima de 50 escanos para o vencedor das eleccións, Syriza albisca unha maioría absoluta que está a pelexar "porta por porta até o último minuto", segundo asegurou Sypras ante a prensa na súa última intervención pública até o día da votación, este domingo.

A análise das diferentes enquisas auguran unha vitoria folgada de Syriza, que podería gobernar co apoio do KKE de non acadar a maioría absoluta

O obxectivo parece ao alcanza da coalición de esquerdas. Nunha edición especial d'O Mirante -análise e estimación de datos estatísticos elaborada polo analista Carlos Neira para a Asociación de Medios en Galego- augúrase unha vitoria folgada de Syriza, cuxos escanos, sumados aos dos comunistas do KKE, permitirían un goberno claro de esquerdas e con maioría absoluta. Pero non semella posible.

máis 33%, case sete puntos detrás, a extrema dereita ou o centro serán terceiros

O KKE xa deixou claro que non apoiará Syriza, malia que esta o interpelou para que lle dese o voto de investidura. "Non o fixo sinceramente porque saben as nosas posicións de todos estes anos e estaremos fronte a este goberno, porque estará en mans da oligarquía mentres siga na UE", di nunha entrevista a eldiario.es o eurodeputado da formación Kostas Papadakis. "Non hai medo da UE a Syriza, non é a preferencia da oligarquía, pero é a nova socialdemocracia, útil para o sistema", insiste.

Syriza sabe ben esta postura e por iso se esforza nas últimas horas de campaña para unir o voto do descontento e da esquerda e lograr a maioría absoluta. Un promedio das enquisas deste pasado venres -último día con inquéritos permitidos- dálle unha vantaxe de sete putos sobre Nova Democracia, mentres a extrema dereita neonazi e o centro se disputarían a terceira praza.

Tsipras insiste nunha "maioría forte" para "deter o desastre que está a pasar Grecia"

"Non pode seguir o sacrificio nin a inestabilidade, hai que recuperar a senda do crecemento e o desenvolvemento. Os gregos saben que é un momento crucial. E o medo acabou, é cousa do pasado, miramos ao futuro con optimismo", afirmou Tsipras: "Hoxe apelamos a todos os gregos, independentemente de se votaron ou non á esquerda nos últimos anos, e se aínda teñen dúbidas. Pídolles que o domingo voten por Grecia, polo futuro, e únanse a Syriza, porque é a única opción válida para asegurar que se vai a deter este desastre que está a pasar, que é a única forma de garantir que imos estar firmes en Europa. De acordo coas últimas enquisas, estamos ao bordo da maioría absoluta no Parlamento. É o que nos xogamos nestas eleccións. Sería un mandato claro do pobo para que podamos traballar duro e comprometernos co pobo de Grecia, porque temos moito que facer. Necesitamos unha maioría forte".

Se é clave o día 25, o das eleccións, tamén o será a partir do 26: "O día seguinte será un día moi diferente para o noso país. O 25 de xaneiro é unha data histórica. É un punto de inflexión na nosa historia. Se a xente cre, así será. Será unha vitoria para a xente, para que se abra o camiño dunha nova forma de gobernar e, ao día seguinte, non haberá memorándum [acordos de austeridade con de a Troika cos países intervidos]. O memorandum de austeridade será rexeitado o domingo polo pobo e ao día seguinte non haberá Troika (BCE, Comisión Europea e Fondo Monetario Internacional), non haberá Samaras [actual primeiro ministro do centrodereita Nova Democracia] nin políticas que levaron ao pobo ao desastre. Non será fácil, haberá que loitar, e por iso hai que ser determinantes, hai que estar unidos, necesitamos a unidade nacional, unha alianza social; a xente pode conseguir o que se merece. Sabemos que nos comprometemos a loitar fóra de Grecia, pero o contexto está a cambiar, xa non é 2012, e Syriza é un exemplo deste cambio, porque a súa vitoria é un síntoma. Iremos á batalla contra as políticas de austeridade, a corrupción, os bancos".

Ademais das negociacións sobre a débeda grega con Europa, Tsipras fixo unha alegación contra a corrupción: "Todos os cidadáns serán iguais ante a lei. A corrupción gobernou este país durante décadas, o día seguinte das eleccións cunha Syriza cun mandato forte acabouse, e reinará a igualdade ante a lei".

 

Axudar a clase media

Cales son outras prioridades de Tsipras? "O primeiro alicerce do noso programa ten que ver cos excluídos, os que sufriron máis que os demais polas políticas de austeridade os últimos 4-5 anos. O seguinte alicerce é a clase media. Un alivio de impostos para eles é un dos nosos compromisos, e será a través de reformas fiscais. Aqueles con ingresos de até 12.000 euros deixarán de pagar impostos, e empezaremos a facer efectivo o ENFIA, imposto de propiedades, que é moi pouco pago. E temos que acabar coa débeda co sector público, de 70.000 millóns. Pero hai que entender que hai que axudar aos que máis sufriron a austeridade, que tamén foron clases medias, tiñan pequenos negocios, foron roubados. Foi a xente coa que Nova Democracia foi moi valente cos recortes. Syriza ten moitos apoios neste segmento da sociedade, non por ideoloxía, senón desesperación e necesidade; polos intereses da maioría do pobo grego, que é o que representamos, por iso podemos ter unha maioría absoluta".

"A troika non é parte das institucións da UE, non hai tratado que a recoñeza como unha institución", lembra Tsipras

Syriza, no seu discurso contra a Troika, inclúe unha reestruturación da súa débeda: "Recoñecemos as nosas obrigas institucionais, europeas, recoñecemos todas as obrigacións dos tratados da UE. Pero nada obriga aos países a tomar medidas concretas de austeridade. Iso non é parte da UE. Hai que saír da austeridade e empurrar a cohesión social e saír desta crise. A Troika non é parte das institucións da UE, non hai tratado que recoñeza á Troika como unha institución, como lembrou o Europarlamento. Non está baixo o escrutinio da UE, non somos os únicos que dicimos que foi un erro dar poder a un mecanismo sen control nin escrutinio do Parlamento".

Tres días antes das eleccións gregas, o Banco Central Europeo (BCE) acordou comprar a partir de marzo bonos por 60.000 millóns de euros mensuais e así introducir máis liquidez nos mercados. "O noso Goberno respectará as obrigacións que saen dos tratados europeos e do marco institucional", pero "non o que asinou Samaras".

 

A Troika acaba o luns

Tsipras lembrou que en xullo ano vencen bonos do Estado grego en mans do BCE por valor de máis de 10.000 millóns de euros e que espera que para daquela xa se pechase un acordo. "Por iso, o importante é ser fortes. Un país non  pode ser gobernado a través de emails de técnicos da Troika. Isto acaba o luns. Grecia recuperará a súa dignidade e o noso país terá un lugar internacional en Europa e no mundo".

"O plan B da troika é que Syriza non teña maioría absoluta para que teña que buscar apoios nas forzas propaganidas dos nosos prestamistas"

"A razón pola que chamo a todos os cidadáns en Grecia a apoiarnos e darnos ese mandato forte e clara", reiterou Tsipras: "Queremos ter a forza para loitar fóra de Grecia. Espéranos unha gran batalla. Syriza gañará, pero o plan B da Troika é que Syriza non teña unha maioría absoluta para que se vexa obrigada a buscar apoios con forzas que no últimos catro anos en Grecia foron propagandistas dos nosos prestamistas, e queremos destruír ese plan B. Estou seguro de que están equivocados, por iso apelo á maioría absoluta. Por primeira vez pode gañar un partido de esquerdas en Europa, nunca tivemos esta oportunidade histórica e somos conscientes de que a xente que nos apoia quere un esforzo nacional. Nós somos optimistas. Seremos xulgados pola historia pola nosa responsabilidade cos nosos cidadáns. Non vou ir coa lóxica da Troika. O Goberno será para todos os gregos, honesto e íntegro".

"Temos unha estratexia para saír desta crise, como cambiar as regras, e facer o que faga falta para salvar a dignidade do noso pobo. Todo país é relevante na UE, temos fortaleza histórica e cultural, aquí naceu a democracia. Estes valores deben manterse, por encima das leis. E agora as cousas xa non ven como hai uns anos, cando dicían que os gregos eran vagos e tramposos... Agora ven que a xente sofre, está esnaquizada, humillada, castigada, e é hora de que esta xente recupere a súa dignidade".

"Por todo iso", explicou, "pido a todo o mundo no partido que loite até o último minuto en cada casa por cada voto, non podemos perder un só voto, non podemos volver á inestabilidade. Necesitamos un Goberno tranquilo cun plan de negociación cun programa para reconstruír o país, plans claros para o crecemento. É unha cuestión de responsabilidade de todos, todos os gregos teñen a responsabilidade cando vote, hai que pensar en Merkel o día das eleccións".

E iso que con Merkel non só ha de renegociar Tsipras os programas de austeridade, senón tamén unha reivindicación ligada ao pasado de Alemaña: "Comprometémonos co pobo grego, cos que formaron parte da Resistencia e os que loitaron contra o nazismo, que Alemaña debe pagar polos crimes do nazismo a toda Europa. Son dous asuntos diferentes, o da débeda e o das reparacións, pero os dous están sobre a mesa. Ten que ver co futuro, non co pasado, pola ameaza que temos co nazismo en Europa. Como Le Pen en Francia e Amencer Dourado no noso país".

"Centrarémonos na fraude e nos 3.000 millóns que se calcula que están evadidos"

Dentro dos plans de Syriza, atópase unha reforma fiscal que, segundo os seus cálculos, permita afrontar a incentivación da economía e o fin dos recortes: "Eu creo en que haxa diñeiro porque si, hai que crear riqueza, crecer, e desde ese punto de vista, queremos crear tecido produtivo. Pero tamén é verdade que hai riqueza que non se recada. Centrarémonos na fraude, e nos 3.000 millóns de euros que se calculan están evadidos".

Análise e estimación de resultados das enquisas en Grecia © O Mirante - Calidonia
Tsipras celebra a vitoria nas europeas CC-BY-SA El Diario

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.