Política
O caso Bárcenas axítalle as augas parlamentarias a Feijóo
AGE esíxelle explicacións ao presidente polo "financiamento ilegal" do PP e acúsao de "cobrar en B" nunha tensa sesión. O xefe do Executivo teima en que NCG seguirá a ter "vinculación con Galicia".
As dez claves que explican a 'Via Catalana'
Máis aló da imaxe das máis de 300.000 persoas unindo as súas mans, existe un complexo fondo social e político que nos levaron até a cadea humana e que resumimos en dez claves.
A visión do proceso soberanista dos galegos en Cataluña
Persoeiros galegos en Cataluña coinciden en que a Diada de 2012 "lexitimou e reforzou" na sociedade un independentismo que é "máis visible e transversal" desde hai un ano. A 'Via Catalana' prevé outra manifestación histórica este 11 de setembro.
O PP négase a entregar os papeis de Marcial Dorado e volve irritar a oposición
Os conservadores vetan unha iniciativa coa que o PSdeG instaba a Xunta a entregar "en tempo e forma" os documentos que lle reclaman, como manda o Regulamento do Parlamento.
Pódese falar do que se queira no Parlamento?
A Presidencia da Cámara galega aplícalles con rixidez aos grupos da oposición o precepto regulamentario que impide abordar temas diferentes ao que marca cada punto da orde do día. Vídeo no interior
O xuíz imputa cinco cargos de Adif polo accidente de Angrois
Un novo auto solicita ao ente ferroviario que facilite as identidades de todos os presidentes e responsábeis de Adif desde a posta en servizo da liña ferroviaria para proceder á súa imputación.
"Coa reforma local queren levarnos a todos a comer cemento ás capitais"
José Luis Raposo, alcalde de Pedrafita, denuncia a reforma que prepara o Goberno de Madrid e que, segundo di, "pode acabar co rural" en Galicia. O rexedor explica o que suporía para o seu concello a modificación lexislativa de Rajoy.
O PP négalle ao Parlamento "lexitimidade" para investigar o accidente de Angrois
Os conservadores tomban a solicitude de AGE e BNG para crear unha comisión sobre o acontecido no sinistro do Alvia amparándose en que as competencias ferroviarias son do Estado. O PSdeG abstense.
"Galiza está ao bordo do colapso social e hai que reaccionar"
O portavoz nacional do BNG percibe "unha sensación de paz interna" na formación que "anima a xente a traballar con máis ganas". Coa manifestación do 15 de setembro como primeira gran cita política do curso, o líder do Bloque aposta por "superar" a "división" do nacionalismo, a comezar polas vindeiras eleccións europeas.
O autogoberno galego, conxelado dende o inicio da crise
O último traspaso de competencias acordado entre a Xunta e o Goberno central data do ano 2008, aínda co bipartito. A oposición atribúe a parálise a que Feijóo está "supeditado" á "estratexia" de recentralización de Rajoy, mentres a Xunta dá o autogoberno por "blindado"
"O dereito a decidir debe ser un obxectivo conxunto das esquerdas en España"
Dolors Camats, coordinadora nacional de ICV, ofrece este luns unha conferencia en Compostela sobre o dereito a decidir a dous días da celebración da Diada. Ás 18 horas na Biblioteca Ánxel Casal.