Un candidato do PP acusa a esquerda de exercer "violencia de xénero política"

Imaxe do final do mitin de Ribeira, con López Crespo á dereita de Feijóo Dominio Público PP da Coruña

Carlos López Crespo, ex-alcalde de Outes e máis que probable deputado pola Coruña, negou tamén a corrupción no seu partido

Carlos López Crespo foi alcalde de Outes máis de 20 anos e agora quere ser diputado. "Pido o voto para o PP e pídoo tamén para min! Teño unhas ganas de ser deputado...!”, exclamou este xoves en Ribeira. Fíxoo no mitin central do día de Feijóo, pero antes de que chegara o candidato, e como tiña que entreter aos asistentes falou moito. Tanto como para teorizar sobre o xénero e a violencia de xénero e negar a corrupción no PP.

O aspirante a deputado criticou que os partidos de esquerda se pelexen entre si pero logo gobernen xuntos para evitar que o faga o PP. “Isto é o que se chama violencia de xénero, porque tamén hai violencia de xénero na política, violencia de xénero político”, dixo, reflexionando tamén sobre que nas persoas “hai xénero masculino e feminino” e que no PP integran “tamén os novos xéneros admitidos que son as lesbianas, os gais, os bisexuais e os intersexuais”. 

O ex-alcalde de Outes preguntouse "onde coño está a corrupción?"

O máis que probable deputado (é o número 11 pola Coruña, onde o PP ten agora 13 deputados e a circunscrición gaña un máis) preguntouse tamén “onde coño está a corrupción?”, para asegurar que no PP tamén teñen fillos no paro, non hai nepotismo e non se lles quedou “nada no peto”.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.