
O naval esmorece entre as promesas incumpridas de Feijóo
Nada se move no sector desde que a Xunta proclamara un mellor futuro para os estaleiros, que levan máis dun ano agardando polos dous floteis de Pemex e que nada saben do dique flotante, dos quimiqueiros ou de calquera carga de traballo.