
O ERE no Santander deixa o número de sucursais bancarias en Galicia na metade que hai unha década
O anunciado peche de 135 sucursais deixará a cifra total en 1.356, fronte ás 2.535 que había no ano 2008. 43 concellos, nos que vive o 2% da poboación, non dispoñen deste servizo.