
A extrema dereita ataca unha casa de refuxiadas en Atenas
Grupos racistas atacaron con cócteles molotov unha 'squat' da capital grega onde durmían 250 persoas refuxiadas. Nos últimos meses, a ultradereita leva a cabo ataques racistas e Amencer Dourada intenta sacar rédito político co seu discurso xenófobo.