Ourense acollerá cinco persoas refuxiadas, elevando a 16 a cifra total en Galicia
Son sirios e sirias procedentes do Líbano e chegaron este mércores a Madrid. No que vai de ano, España deu asilo a 687 vítimas deste conflito, moi lonxe das 16 mil que aceptou acoller nun comezo ou das case dez mil que finalmente se comprometeu a reubicar e reasentar.